circuloviciosoEste é un blog colectivo, escrito por mulleres anónimas e sen prexuizos. |
![]() |
|
Gosto de, odio que![]()
GOSTO DE... un bó perfume, as verbas fermosas que proveñen doutra muller (case sempre son mais sinceras cas dun home...), xogar cos animais, mercar un vestido có que sentirme a mais sexy, a choiva cando preciso chorar, a brisa do mar cando teño calor, que a brisa do mar conxele o meu rostro (para previrme das enrugas), que me chamen tola, que me fodan (e de que me fagan o amor, non rapazas, non é o mesmo), cantar na ducha, bañarme con velas, incienso e música relaxante... sozinha (coma dirían os nosos curmáns brasileiros), coñecer cidades (e darme de conta de que a miña segue a ser a mais fermosa), enfermar baixo os efeitos do enamoramento, o marisco (aínda non probei o humano xD), ollarme ao espello (sí, son algo narcisista), ter os pezóns duros :D, ver aos meus sorrir, tomar chocolate para calmar o mal de amores, maruxear aínda que só sexa unha vez ao ano :D, axudar aos demais, pisar a area da praia o primeiro día do verano (aínda que as cóxegas nos pés sexan inevitables en Riazor :D), explotar as burbullas dun deses plásticos para embalar, pillar o punto bebendo, pillar o punto fumando (...), pillar o punto fodendo, encherme de emoción cun bó paisaxe ou cunha boa canción, facerme rulos no pelo e enredalo por completo, romperme as uñas, escoitar a apasionante novela "vitae" dun dos nosos maiores, voltar a Galiza logo dun longo espazo de tempo. ODIO QUE... me xulguen ou critiquen polo que son ou penso, o chorro do pis se divida en oito cando teño un tampax posto (si, si, pola presión!!! xD), faga frio cando saio da ducha, choiva cando estiven mais dunha hora alisando o pelo ¬ ¬, as cotillas de turno se metan na miña vida, me digan o que teño que facer, me saia un grano xusto o día que teño que estar guapa (non falla, serán os nervos), me suspendan (aínda que o mereza), o éxito non se perdoe nin se recoñeza neste país, exista xente mala, se me abra unha carreira nas medias, desas que nin con brillo de uñas se arranxan..., a dor nas moas que me produce un xeado, ás típicas víboras quenta-p... que pasan por díante túa e mais do teu mozo só para provocar (argggg qué noxo), o ser humano estea a cargarse este planeta, que até o momento é o único paraíso que coñecemos, me sirvan un café con leite fervendo nunha cafeteria cando o pedín "do tempo" (do tempo de onde, de Somalia???), a tona do leite se resista ao colador, a pasta sempre se pegue (por moita manteiga que lle engadas á pota), o meu pai se negue a admitir que xa non son unha nena..., o meu mozo non comprenda que as drogas "brandas" son boísimas moi de vez en cando :D, as tapas dos tacóns sempre se gasten en diagonal, facéndome andar coma Fraga, as mulleres teñamos que depilarnos (en vinte anos só teremos pestanas, tempo ao tempo... ¬ ¬), haxa xente que maltrate a calquera ser vivo, me odien. Jueves, 01 de Noviembre de 2007 05:39 Autor: circulovicioso. Tema: porra slave. Comentarios » Ir a formulario
aléjrome por ti!!!! hahaha...
si si... jústache pillar o punto eh!!! o que non entendo moi ben é o do pis... hahaha... Fecha: 06/11/2007 17:52.
a xente dira q e moi filosofico e profundo. pero eu vou mais ala, asique tes os pezons duros eh???
Fecha: 06/11/2007 17:55.
hahahaha, todo moi interesante si senhora, sobre todo o das drogas blandas juas, por outro lado por ai non abera algunha indirecta directa non?? Pregunta hehehe.
E algo q non me creo pa nada e o de q che gusta romperche as unllas?? Non mo podo creer sintoo e algo q supera as minhas espectativas. Un bico Fecha: 06/11/2007 20:31.
foxyzorrilla, rómpome a parte das uñas que se corta có corta-uñas, a blanda (claro está...) son masoca pero non tanto!!! :DDD
Fecha: 11/11/2007 16:10. |
Temas
Archivos
Enlaces
|