Os rapaces mais eu
Esta é a historia dun rapaz co que me enrollei sen querelo casi. Empezou dunha maneira extraña, porque case tiñan mais ganas de que estivesen con el os amigos que el mesmo, xa que é un pouco tímido. Bueno, eso foi un sábado, e claro eu quedei con ganas, entón ó sábado seguinte voltamos a enrollarnos, esta vez houbo algo mais, fomos para o coche do amigo é enrollámonos, pero no momento no que lle ia tocar nos pantalóns ... sóltame que é tonto, ¡que está demasiado borracho como para facelo! Claro, con esa cariña de encantador que ten ... calquera lle recriminaba algo! O caso é que o sábado seguinte volvemos a intentalo, e eu pensaba, como di o refrán, a terceira vai a vencida! e aínda que non follamos, houbo sexo oral, é foi ... boísimo! e despois durmimos abrazados e ahí foi cando a fastidiei toda e me pillei por el. Ó sábado seguinte, díxome que non se ía enrollar mais comigo porque non lle via futuro a nosa relación! Seguro que este tío folla moi ben, polo menos nos meus soños!
O caso é que o mesmo día que me enrollei por segunda vez con el, tamén me enrollei con outro, aínda que de momento so podo dicir que ¡morrea ben!
O día anterior a que me mandara pasear, saín e atopeime con un rapaz co que estivera fai oito anos. Falamos e acabamos follando no seu coche. Ese rapaz sempre me gustou, pero mandoume sms dicíndome o loco que estaba por min, e o moito que me quería, e, chamádeme boba, pero sentía que os enganaba. Cando por fin me decido por o primeiro, como xa sabedes mandoume a "tomar viento fresco". E ese mesmo sábado acabei enrollándome con un cuarto tío, super cachondo, ¡diante dos amigos del!
Conclusión: Teño catro tíos para min, un que quere unha relación estable, outro que quere a miña amizade e o que surja, outro do que non quero saber nada e o único que realmente me interesaba para calquer cousa, enténdase como relación estable ou rollo, ¡é co que non teño ningunha posibilidade!¡QUE MAL REPARTIDO ESTÁ O MUNDO!