circulovicioso

Este é un blog colectivo, escrito por mulleres anónimas e sen prexuizos.

Seré tu amante bandida, bandida!!

20080129203455-miguelboseamantebandido7.jpg

Hola a tod@s, pois ben, paso a informarvos dun caso, queiras que non, un tanto cómico.

Esto era un día de agosto, nunha festa da que non me quero lembrar e claro, festa moitos días seguido, alcohol, durmir máis ben pouco... E estábamos eu mais kitty lapiedra a última hora (07.30horas aprox.) pintando o parvo na única taberna na que quedaba xente. Non deberíamos ter estado, sobre todo eu, xa q alí estaba a parelliña:

¡O meu ex-amante e máis a muller! (si o de foxyzorrilla e por algo non vos pensedes).

Nesto que a muller estaba un pouco como decilo... ¡¿BORRACHA!?, e nos cantando as nosas cancións favoritas ("Me gusta ser una zorra", "Alcohol, alcohol", etc.) e ela facéndonos os coros, si a de me gusta ser unha zorra quedounos buenooooo... E bla, e bla e bla. 

O mais cómico e q eu facía todo o posible por que non me viñese falar, pero a tía insistía, sobre todo con kitty que lle facía caso. E cando de repente no último momento antes de eu marchar escopeteada (claro despois do que pasou non era para menos) cólleme ela por un brazo e empeza a decirlle a todo o mundo: "vouvos presentar á miña irmá, (eu a sua irmá ahahaha) vamos, eu aí vermella como un tomatiño maduro, presentoume a todos os que eu xa coñecía, ata que faltaba un... quen será será... Pois si o meu ex-amante o home da senhora que decía que era a miña irmá e que me tiña que presentar porque el era o mellor de todos. Eu estaba que non sabia como marchar de alí (mais q nada porque ela tíñame ben agarrada para que non marchase) e el, máis vermello ainda ca min (que xa é dicir).

Vamos fatal, fatal, fatal. Cada vez que me acordo morro de vergoña NOOOOOOOOOOOOOOOOOOON 

Martes, 29 de Enero de 2008 20:19 Autor: circulovicioso. Tema: foxy zorrilla.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: sexy69

home non me jodas!! pos vai ser verdade que o mundo é un pañuelo!! de todas maneira creo que solventaches ben o problema.....fingindo que non o coñeces!!

Fecha: 29/01/2008 20:39.



Autor: kitty lapiedra

ahahahahahahahhahahahahahaha

se me chejas a avisar marchamos daí! ahahahahahhaa
o peor de todo e que dixen eu despois: foxy, como se parece o home desa ó teu ex-amante!!!

Fecha: 29/01/2008 20:43.



Autor: missvicious

beno muller non hai q ter verjonza, esas cousas pasam tódolos dias!
e sejuriño q fuxes unha maleducada e non piropeaxes a tua irma x ter un marido tan bo (en todos os aspectos)

Fecha: 29/01/2008 20:55.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Temas

Archivos

Enlaces

 

 
Seré tu amante bandida, bandida!! | circulovicioso
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]