circulovicioso

Este é un blog colectivo, escrito por mulleres anónimas e sen prexuizos.

Diario dunha solteira IV

20080130162216-disco-mouse-raton-de-discoteca-1-kjghk.jpg

Aquí vou agrupar dous sabados:

No primeiro sábado paseino moi ben, bebín e bailei con algúns tíos. O pouco de comezar a noite comecei a bailar cun rapaz e xa me entrou, eu nin lle mirei para a cara, a verdade, pero seguinlle. Non sei porque abrín os ollos e vexo a sexy69 berrando e xesticulando para que o deixara, entón mireille para a cara e como non me pareceu feo, só que estaba un pouco borracho, pois seguín. Pero a miña sorpresa e cando as vexo a todas berrando e pedindome que o mandara por ahí asique pensei que igual tiña algo do que eu non era consciente e largueino de alí. Despois souben que era o señor tics, e dicir, alomenos padece de tres, nos ollos, nariz, boca e anda escarranchado. Depois veu outro, moi guapiño por certo, e tamén, comecei a bailar con el e caeron os biquiños de rigor, nesto que mirando para kitty dime: "¿Coñecelas?" Eu dígolle que si e dime: "agora volvo", e marxa a xunta delas pero non volve, a saber que lle pasou. Alí estamos un cacho, e despois marchamos para un local cunha tarima enorme  e alí me subín eu.

Desde alí bótolle o ollo a un rapaciño de camiseta vermella que aínda que era un pouco baixo tiña un corpo que me encantaba, así forte e ancho de espaldas. Pero nada un par de biquiños e tamen marchou. ¿Será que teño alitosis ou algo asi? E esa foi esa noite de sábado. O domingo estaba bastante "depre" porque ningún me durara algo e esas cousas ¡Estaba doída no meu orgullo!

O seguinte sábado saín polo mesmo sitio, ó intre de chegar vexo o guapo do outro sábado apoiado na barra cos seus amigos, míranme e dille un, "¿E esa? Pois non é moi guapa", eso doeume pero pasei deles como da merda e seguín bailoteando á miña bola. Agora sobriamente penso.. ¿Daría o cante de mala maneira? E que nunca bailei tanto na miña vida nin tan esaxerado, non sei, a cuestión e que bailei con máis de cinco diferentes e todos repetiron  e eu feliz claro, incluso tiven algo co guapo da outra noite, pero a verdade e que non sei moi ben porque pasei un pouco del.

Despois vexo como kitty empeza a intentarlle quitar a camiseta a un, e cando o logrou vin que estaba bastante cachondo (ummmm) e bailei con ese dúas ou tres veces  ¡Que gañas de comelo tiña! Pero son moi tímida, a min que me entren. Incluso ó final da noite cando kitty se digna a devolverlle a camiseta, o ver que non era capaz de poñela vén a xunta de min para que lle axude  ¡Ahí si que me aproveitei un pouco!

Tamén bailei, pero menos, co irman do guapo do outro sábado, que por certo tamén é moi guapo. Nisto que tamén aparece sen camiseta, pero este creo que foi por vontade propia, ó igual que lle pasaba o "pesao" (pesado porque era un insistente, e pesado porque tiña un barrigolo de preñada de xemelgos) a este individuo en cuestión bótolle uns trinta e algo de anos. Bailei con él unhas tres cancións mentres estaba "normal", entre comiñas porque cada vez que viña a xunta miña se me presentaba. Pero despois ó ver que os outros rapaciños quitaban as camisetas vai el e empeza a desabrochar a camisa deixando ver a sua potente tripa chea de pelos (¡Agggg!) a partir de ahí empeceino a evitar, incluso eu, co tímida que son, agarrábame do primeiro tío que se me metía no medio, incluso un vai e dime: "non bailes con ese que é maricón", e eu contesteille:  "da igual, pa escapar dese calquera me vale." Creo que me escoitou o comentario porque abrocha a camisa e non se me volveu a acercar, pobre...

Despois marchamos de ali e o guapo guapo o que kitty lle arrincara a camiseta veu a canda nós, mellor dito, veu conmigo e díxome que se íamos o prado, pero díxenlle que non porque estaba coa regra, el díxome que non lle importaba, pero a min si, e ademais non tiña moi bos informes del así que... ¡nada! Aínda que tiña ganas e estaba realmente ben... ¡O mellor outro día non me resisto!

Fomos a un par de sitios mais, pero non ocorreu nada interesante, salvo para sexy69 que por certo, xa pode ir contandoo todo... Riendo

Xusto cando cremos que remata a noite e íamos coller o coche para marchar, aparecen uns tipiños e acércannos ata o coche de foxyzorrilla (ainda que creo que chegábamos antes andando polas voltas e reviravoltas que deron) e o chegar o coche..... ¡Sorpresaaaa! ¡Non tiñamos as chaves! Estaban no bolso de sexy (ahahahahah) dimos unha de voltas para atopala....  ¡Menos mal que nos recolleron polo camiño que tíñamos pupa nos pés!

¡Pois isto é todo! ¡Espero os vosos comentarios e respostas!

Miércoles, 30 de Enero de 2008 16:06 Autor: circulovicioso. Tema: miss vicious.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: porraslave

sensuaaal, un movimiento sensual, sexy, un movimiento muy sexyyy, sexy!!!! ainssss, non hai nada como o baile eh? para poñer en marcha os motores do amor jiji :P:P:P

Fecha: 30/01/2008 19:54.



Autor: sexy69

osease que teño que ir contando non!! xa veremos!!polo demais xa che avisei que se saias con nós ias ver de todo, facer de todo (neso podese mellorar,ainda) e beber de todo (k tamen se pode mellorar) por aora creo que cumplimos e o importante e disfrutar!!

Fecha: 30/01/2008 19:55.



Autor: kitty lapiedra

a ver: o chico juapo espantouse porque lle dixen que eras a minha amija. e que por aljunha razón misteriosa que non me quere dicir, tenme medo...
o chico 1... pasemos (ata berrei: arrancádeme os ollos!!! e todo)
e do resto, bah don't juorri que todo irá ben!!!

Fecha: 30/01/2008 19:57.



Autor: foxyzorrilla

cala, cala, non me fales das chaves!!!
vounas ter que levar atadas as brajas!!!
por outra parte... aver, non creo que tenhas alitosis, o que pasa e que os rapaces dese sitio (a maioría), no fondo dámoslles medo jajjaja
ala, que o importante é pasalo ben. non te comas o coco!!

Fecha: 30/01/2008 20:38.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Temas

Archivos

Enlaces

 

 
Diario dunha solteira IV | circulovicioso
Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.