circulovicioso

Este é un blog colectivo, escrito por mulleres anónimas e sen prexuizos.

Diario dunha solteira VI

20080225134336-noticia-6028-normaly.jpg

Este venres pasado quedei co porteiro (Ver diario dunha solteira V) na disco que hai cerca da súa casa e o lado da casa da miña avoa. A verdade é que pensaba que iba ser unha mala noite porque pensaba que non me iba facer caso e non me equivoquei: foi unha mala noite, ainda que non polo que pensaba.

 A iso das seis e media da tarde cheguei a casa da miña avoa e a hora de velo achegábase,  pero eu non tiña noticias del, estaba algo triste. As sete e pico soáme o móbil e non era el, non, era o negro pesado do sabado pasado, íballe colgar, pero miña prima dixo que non, que lle collía ela, e así o fixo:  vacilouno durante uns dez minutos, dicíalle que eu era unha prostituta que cobraba vinte euros e que se queria quedar comigo tiña que levar a carteira ben chea que eu son bastante fina en fin, este non creo que volva incordiar.

Unha hora despois recibo un sms do meu porteiro, tiña unha cea cos amigos e que non sabía a que hora iba baixar pero se queria quedar antes llo dixera que el baixaba (que lindo , ¿non?)  pois quedamos a unha, eu estaba na barra pedindo un cubata cando alguén me colle pola cintura e me da un bico na cara e me di "¿Que tal preciosa?" mmmmmmmm ¡¡Como me gustou iso!! Despois dos bicos de rigor comezou a presentarme a xente, bueno a rapazas, e de unha dime varias veces: "Mira que é guapa" e debeume notar algo que me acariciou a cara e dime "Non te me poñas celosa anda" tomamos algo, bicamonos e eu marchei a bailar coa miña prima e el cos seus amigos.

A mala noite comeza cando remato o terceiro cubata, non podía coa cabeza, mareábame e a cousa iba a peor. Senteime nos sofas e non podia, deiteime e alguen debeuno avisar que veu a xunta miña. Dicíame "Ei pequecha, ¿que che pasa? Ti non estás ben, veña imos a que che dea o aire" e senteime alí nunha beirarrúa nunha curva, e como non, sacoume de ali que era perigoso, levoume para o seu coche. Ali si que me puxen mala mala. Abrin a porta e chimpeino to fora (dixen fora, non no coche) non termaba da cabeza, todo me daba voltas incluso creo que houbo un momento no que se asustou porque cando me din conta berrabame insistentemente "desperta non te durmas" mentres me axitaba suavemente. Cando volvin dime: "vou mover o coche que aqui molesta". Eu borracha estaba e mal tamén, pero ali o coche non tiña mal ningun, asique xa lle via eu as intencions. Durmo e cando me dou conta estamos no medio do monte, eu tremía co frío e puxome a sua chaqueta e non apagou a calefaccion en ningun momento, puxo a miña cabeza no seu colo e falábame cariñosamente, acariciabame... e nisto que me empeza a tocar e comer o escote mentres susurraba con voz de excitacion "¿Porque estas tan cachonda?" "¿Porque me provocas asi?" e eu no meu pensamento preguntabame "pero este que esta a dicir, que agora debo estar de todo menos sexy" e volveme a comer o escote varias veces mais, ata que me sacou unha teta para fora e enton si que reaccionei, (xa vos dixera que e meu punto debil) enton fomos o asiento de atras, bicamonos apaixonadamente, espinme, espino (si, eu case morrendo era a dominante ¡Encantame!) biqueino por todas partes, acaricieino, acaricioume ummm aii ¡como me puxen! e cominlla que ganas tiña de facer iso de novo  baixoume o pantalon, enton quixo coller un preservativo, pero eu non podia, estaba co periodo. Non foi unha noite perfecta pero dame igual, tou desexando repetir.

O sabado estaba eu un pouco rallada, pensando en que pensaria de min. A eso das dez da noite, mandame un sms dicindome que o parasa ben e que fose boiña. ¡¡Que lindoo!! ¿estaria celosillo?  

Pola maña mandame outro sms cando chegu a casa e tamén foi asi como intentandome poñer celosa (creo), dicindome que enredara tomando algo coa camareira mais guapa do pub onde traballa, bueno e co seu xefe tamen, pero que non me celara, que me queria a min e no siguiente sms volveume a repetir que me queria. Eu non dixen nada o respecto pero.. non sei... Creo que me estou a enamorar pero eu non queria...A ver en que acaba esta historia...

Lunes, 25 de Febrero de 2008 13:17 Autor: circulovicioso. Tema: miss vicious.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: foxyzorrilla

buuuu xa empezamos a ponher celosinha a xente esto non me esta gustando pero o resto jajaja eche boa pena q estiveras con "periodico" (vale foi froxisimo, e moi de veran azul pro...jajaja) Pois nada o da borracheira seguro foi garrafon do malo de todo, ou e q non comiches antes ou algo non che sei non son medica vale!! jijiji. Bueno, eu tamen digo a ver en q remata todo isto....

Fecha: 25/02/2008 13:50.



Autor: kitty lapiedra

pois non me pinta tampouco mui ben que se empece a celar tan pronto.. hmmm... non me pinta mui ben, non...

a ver se pa próxima copa pides mondariz juasjuasjuas

ala, ala... que xa haberá veces melhores!!!

Fecha: 25/02/2008 18:41.



Autor: porraslave

mmmmmm, as miñas irmas dixeronme cando era cativa que se un tio dicíame "te quiero" antes dun mes significaba que non era así, bueno, cos anos descubrin que non era certo, non sempre. Peeerooo, está claro que ao tio gústaslle, o tio quería foderte e o tio intenta celarte para crear mais interes en ti, e ti por suposto estas caendo coma se tiveras 15 anos, ains que lindoooooooo, encantame!!! isto rematará ben, ou polo menos, cun bó polvo xD.

Fecha: 29/02/2008 20:06.



Autor: miss vicious

sintoo porraslave, pero non rematou cun bo polvo, xa que no siguiente nin se lle endureceu, nin se le levantou, nin sabia poñer o condon, e o peor de todo ¡NON ENCONTRABA O BURATO WAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA!

Fecha: 23/11/2008 12:55.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Temas

Archivos

Enlaces

 

 
Diario dunha solteira VI | circulovicioso
Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.