Un día, sen saber moi ben por que... ...supoño que estaba aburrida no bus comezo a ler a miña axenda do móbil e encontro o meu primeiro lío. Decidín darlle un toque e empezamos a mandarnos mensaxes e quedamos para coñecernos un sábado de novo e recordar vellos tempos. Pois ben, coñecímonos e fomos tomar algo, invitou el, caeume moi ben e parece que foi mutuo porque esa semana andivemos tamen a sms e quedamos para o sábado seguinte. Contoume que lle gustaría que pasase algo máis entre nós... esas cousas. E o seguinte sábado chegou: fomos tomar algo antes de que entrara a traballar e invitei eu. Non pasou nada porque en media hora entraba a traballar. Entón fíxoselle hora de marchar e eu fun xunta a miñas primas. Alí pasou algo moi moi forte e se non o credes seguide lendo: Eu estaba moi tranquiliña nun pub cando un rapaz ven bailar comigo. Susúrrame ó oído : "¿Quieres venir a follar conmigo?" Eu víndoo vir dígolle que non, e el marcha a intentalo coas miñas primas pero tamén sen resultado, entou voltou... ¡Que eu non me dera conta ata que notei que me collían no colo me din coa cabeza contra unha columna do teito! Entón el, algo avergoñado marchou a intentalo co resto de mulleres do pub pero sen conseguir nadiña así que volveu e rexeiteino e marchou. Despois entráronme ganas de ir ó baño e noto que me tiran da tira de atrás do suxeitador. ¡Quería volver entrarme ó morro! Como non, volvín a rexeitalo e como non conseguía nada, pois botei man do meu salvavidas que sempre está aí nos momentos que se precisan e abraceime a el e dixen que era o meu mozo. Sei que un so "vai a merda" bastaría pero o alcohol... Logo de moito moito insistir, marchou. Despois un ó baño e cando chego xunta das miñas primas, dime unha: "¿Imos a xunta o DJ a dedicar unha canción?" E fomos e alí estaba o outro, colleume por sorpresa, abrazoume moi forte e comezou a comerme o cuello dun xeito brutal. Saqueime de alí e voltei a onde estabamos todas. De súpeto, dinme conta que me caera un dos meus "superpendientes" así que fun buscalo ainda a risco de que me tirara outra vez do suxeitador, como así ocorreu. Desta vez non me abrazou non, mollou os seus dedos no seu cubata ¡pedazo porco! e salpicoume mentres dicia: "Yo te bendigo en el nombre del padre, del hijo y del espíritu santo" (en fin) e despois fixo o sinal da cruz. ¡Déronme unhas ganas de coller o seu cubata e bautizalo! Pero creo que notou as miñas intencións e botoume unha mirada acolloante así que pasei e nese intre miro o chan e ¡Si, aí estaba o meu pendiente! Collino, marchei e el veu tras de min. Cando estamos a altura dos baños vai e desabotoa os pantalóns e sácaa para fóra. ¡Eu fuxín a fume de carozo e el tras de min con ela colgando! (¡E despois son eu a que precisa un polvo, manda carallo!) e metinme no medio da miña prima e o seu ligue, despois diso, xa non souben mais do saído ese. ¡Menos mal! Logo o meu salvavidas, a miña prima pequena e máis eu fomos o pub onde traballa, coma porteiro un rapaz co que querada o principio da noite, conteille todo o sucedido e dixome: "A próxima vez traemo aquí que o poño a andar". Eso chegoume á alma. Alí onde traballa estivemos un anaquiño e o marchar dinlle dous biquiños e susúrrame ó oído: "Pensa en min e non marxes no bus das seis anda" (¡Que riquiño é!) e marchamos para a disco. Alí aburrinme un pouco e senteime nos sofás e venme un tío negro a dar a brasa, que se busca a unha amiga coa que compartir a vida, que lle da igual a color porque todos somos persoas e que a quere para pasalo ben... Díxenlle que deixara o mozo ai uns meses e empezoume a paranoiar de que se el me seguía querendo, que se despois de cinco anos non se pode cortar así... En fin, que menos mal que xa eran as seis e a disco pechaba. Así que mandeille un sms ó meu porteiro e encontrámonos e démonos bicos e abrazos durante dúas horas. É a primeira vez que un tipo non se me pon coma un pulpo e ademais doume mimiños ¡Como os botaba de menos! Non viciosillas, a cousa non foi a mais, pero ainda quedamos o venres. Outra das cousas que me dixo foi que non lle importaria ter algo serio. ¿Vos como tomades esto? Bueno a noite rematou e as 9 da mañá collimos o bus e ¿Sabedes quen se sentou ó meu lado? ¡O negro emparanoiado da disco! Estivo toda a viaxe intentando ligar e o principio non sabia que era o mesmo da disco, pero despois cain en que era o mesmiño ¡A nai que o pareu que pesadiño é! Faloume en inglés, francés.. que se quería unha amiga, e miña prima aí dándolle ás. ¡Foder! Pero a viaxe rematou e cada un polo se lado. xD |