Gosto de, odio que
GOSTO DE...
un bó perfume,
as verbas fermosas que proveñen doutra muller (case sempre son mais sinceras cas dun home...),
xogar cos animais,
mercar un vestido có que sentirme a mais sexy,
a choiva cando preciso chorar,
a brisa do mar cando teño calor,
que a brisa do mar conxele o meu rostro (para previrme das enrugas),
que me chamen tola,
que me fodan (e de que me fagan o amor, non rapazas, non é o mesmo),
cantar na ducha,
bañarme con velas, incienso e música relaxante... sozinha (coma dirían os nosos curmáns brasileiros),
coñecer cidades (e darme de conta de que a miña segue a ser a mais fermosa),
enfermar baixo os efeitos do enamoramento,
o marisco (aínda non probei o humano xD),
ollarme ao espello (sí, son algo narcisista),
ter os pezóns duros :D,
ver aos meus sorrir,
tomar chocolate para calmar o mal de amores,
maruxear aínda que só sexa unha vez ao ano :D,
axudar aos demais,
pisar a area da praia o primeiro día do verano (aínda que as cóxegas nos pés sexan inevitables en Riazor :D),
explotar as burbullas dun deses plásticos para embalar,
pillar o punto bebendo,
pillar o punto fumando (...),
pillar o punto fodendo,
encherme de emoción cun bó paisaxe ou cunha boa canción,
facerme rulos no pelo e enredalo por completo,
romperme as uñas,
escoitar a apasionante novela "vitae" dun dos nosos maiores,
voltar a Galiza logo dun longo espazo de tempo.
ODIO QUE...
me xulguen ou critiquen polo que son ou penso,
o chorro do pis se divida en oito cando teño un tampax posto (si, si, pola presión!!! xD),
faga frio cando saio da ducha,
choiva cando estiven mais dunha hora alisando o pelo ¬ ¬,
as cotillas de turno se metan na miña vida,
me digan o que teño que facer,
me saia un grano xusto o día que teño que estar guapa (non falla, serán os nervos),
me suspendan (aínda que o mereza),
o éxito non se perdoe nin se recoñeza neste país,
exista xente mala,
se me abra unha carreira nas medias, desas que nin con brillo de uñas se arranxan...,
a dor nas moas que me produce un xeado,
ás típicas víboras quenta-p... que pasan por díante túa e mais do teu mozo só para provocar (argggg qué noxo),
o ser humano estea a cargarse este planeta, que até o momento é o único paraíso que coñecemos,
me sirvan un café con leite fervendo nunha cafeteria cando o pedín "do tempo" (do tempo de onde, de Somalia???),
a tona do leite se resista ao colador,
a pasta sempre se pegue (por moita manteiga que lle engadas á pota),
o meu pai se negue a admitir que xa non son unha nena...,
o meu mozo non comprenda que as drogas "brandas" son boísimas moi de vez en cando :D,
as tapas dos tacóns sempre se gasten en diagonal, facéndome andar coma Fraga,
as mulleres teñamos que depilarnos (en vinte anos só teremos pestanas, tempo ao tempo... ¬ ¬),
haxa xente que maltrate a calquera ser vivo,
me odien.