
Non hai moito, unha mañá de domingo, fun dar un paseo romántico co meu mozo pola beira do mar. Iba frío , pero aínda así metín os pés na auga fría do mar. Cando lebávamos un anaquiño andando vimos a unha rapaza tumbada na area, eu pensei que quedara alí durmida despois da marcha do sábado, xa que ía cun vestido negro moi xeitosiño. Nosa sorpresa foi cando se ergue, saca o vestido e métese de chea no mar en roupa interior, da un par de brazadas e sae, túmbase de novo na area, a beiriña do mar. A marea comeza a subir, a auga comeza a acariciar as súas pernas, trepa por elas ata chegar os niveis mais íntimos. A muller érguese de novo e vólvese a meter ante a nosa mirada atónita e a dun grupo de mozos que tamén andaba por aí. Farta de que ningués se lle achegara, puxo de novo o vestidiño negro por riba da pel e roupa intima mollada e marchou.
4 comentarios
miss vicious -
foxyzorrilla -
porraslave -
kitty swank -
taba buena?