Blogia
circulovicioso

miss vicious

Diario dunha solteira VII

Diario dunha solteira VII

Boas queridas viciosiñas!! xa había q non vos contaba miñas aventuriñas eh?! non é que non fixera nada, só é que fixen demasiado e non tiven tempo ( vale!! pouco fixen pero éche o mesmiño, non teño porqué dar explicacións!!)

Do que trata esta séptima entrega do diarío da miña soltería e dalgo que pasou xa hai tempo, buf! que recordo tan lonxano parece!!

Un día nunha disco púxenme a bailar na tarima dos Gogós cando un grupo de rapaces comezan a animarme, aplaudirme e a dalo todo, sobre todo o que parecia máis vello, a verdade dárame un pouquiño de noxismo!! jajaja asique larguei de alí. Ó parar de bailar puxenme mala de novo (parece q non fago máis que botalo todo fóra, pero non é así, o que pasa todo o interesante ocorre cando evacúo por mor do alcol!  e que parece que os tipos estas desfeitas excítalles ou quizais esperta ó macho protector que teñen no seu interior,  jajajaja será por iso q a bebida esa de auga chirla-afrodísiaca con feromonas sabía tan mal?) Bueno o que ía, puxenme maliña e boteino todo fóra, o máis vello do grupo aquel empezouse a preocupar por min, viu que tremía e púxome a súa cazadora, miñas primas as delas e a miña... e tróuxome un zume de melocotón (que non me gusta pero que ben me sentou!!!) en nadiña xa estaba bailando e saltando pola pista adiante. E comecei a bailar co rapaz que me pagara o zume, caeume ben pero... non era meu estilo, ainda asi démonos os números e estivemos a semana seguinte a sms, despois polo msn... Descubrín que el era de bastante lonxe a de onde eu son pero bueno... aínda así veu un dia a visitarme, saimos un pouco pola noite de carallada, paseino ben. Pero bailando... comezamonos a bicar e esas cousas jejejeje fumos para o coche, e preguntoume por un sitio mais íntimo, díxenlle un que está cerca da miña casa e alí... mi madriña saltaron chispas!

Semanas ou meses despois, non me acordo, tiven que ir por estudos a cerca da súa terra, e o mestre dixo que levar levábanos o transporte pero que se queríamos pasar por alí a fin de semana (porque é un lugar bastante bonito) o avisaramos e non pasaba nada. Asique encendéuseme a bombilliña e dixen: "Vouno avisar que igual temos alegría!" e así o fixen! Unha vez alí quedei sen batería no movil, asique tiven que facer maravillas para podelo avisar e máis, o seu número so o teño gardado na memoria do teléfono (xa o fai asi por defecto miña cacharra de celular) asique tiven que atopar un movil coa mesma bateria que o meu, e atopeino!! Avisei o mestre de que quedaba, e non se lle ocorre contestar máis que un..."Asique lijaches e!!" e eu máis contenta cunhas pascuas "Por suposto! dudávalo??"jajaj A xente da clase merchou de volta antes de que chegara el asique quedei soiña, desamparada e sen movil! ai como me chegase a deixar plantada! pero non, son demasiado boa como para deixarme asi jajaja pero bueno, chegou os dez minutos e cun cargador apto para o meu móvil!! que detalle non?

Paseoume por toda a costa, invitou a unha cerveza, vimos lugares moi fermosos... E claro... o lívido ponse coma o custo da vida, polas nubes jejej pero non! fíxose derrogar porque antes aínda fomos cear. Despois si, levoume un motel. Non me gustou moito porque era destes que parece que te escondes, ninguén che ve, non ves a ninguién. Non sei parecia como, bueno é, onde se vai con xente que non é a túa parella ou a consumar aquelas fantasías "rariñas" que non queres que ninguén poida sospeitar. A min sinceramente, se non fora pola bañeira de burbullas prefiro un hostal normaliño, que por riba é máis barato!!

Alí pasou de todo!! Nunca tivera unha experiencia sexual semellante, mi madriña! foi un non acougar! tiven a miña primeira vez traseira (Bueno intentárao co meu ex, pero doérame tanto q lle mandara parar)  foi superexcitante, non doiu nadiña (e iso que téna bastante gordecha, tanto que pensara que non lle entraba nos preservativos jajaja) bueno, resumindo, ¡foron cinco INCRÍÍÍÍBLES! e ben rematados jajajajaja. O máis bonito foi cando se ergueu as 7 da mañá e despertoume para levarme a traballar porque entraba as once da mañá! jejeje

A cousa que tras varios meses sen vernos e falar máis ben pouco, ímolo intentar superar ou alomenos igualar esa noitaza en poucos días jajaja. A verdade e que xa me tarda, espero que non sexa un chasco...

Diario dunha solteira VI

Diario dunha solteira VI

Este venres pasado quedei co porteiro (Ver diario dunha solteira V) na disco que hai cerca da súa casa e o lado da casa da miña avoa. A verdade é que pensaba que iba ser unha mala noite porque pensaba que non me iba facer caso e non me equivoquei: foi unha mala noite, ainda que non polo que pensaba.

 A iso das seis e media da tarde cheguei a casa da miña avoa e a hora de velo achegábase,  pero eu non tiña noticias del, estaba algo triste. As sete e pico soáme o móbil e non era el, non, era o negro pesado do sabado pasado, íballe colgar, pero miña prima dixo que non, que lle collía ela, e así o fixo:  vacilouno durante uns dez minutos, dicíalle que eu era unha prostituta que cobraba vinte euros e que se queria quedar comigo tiña que levar a carteira ben chea que eu son bastante fina en fin, este non creo que volva incordiar.

Unha hora despois recibo un sms do meu porteiro, tiña unha cea cos amigos e que non sabía a que hora iba baixar pero se queria quedar antes llo dixera que el baixaba (que lindo , ¿non?)  pois quedamos a unha, eu estaba na barra pedindo un cubata cando alguén me colle pola cintura e me da un bico na cara e me di "¿Que tal preciosa?" mmmmmmmm ¡¡Como me gustou iso!! Despois dos bicos de rigor comezou a presentarme a xente, bueno a rapazas, e de unha dime varias veces: "Mira que é guapa" e debeume notar algo que me acariciou a cara e dime "Non te me poñas celosa anda" tomamos algo, bicamonos e eu marchei a bailar coa miña prima e el cos seus amigos.

A mala noite comeza cando remato o terceiro cubata, non podía coa cabeza, mareábame e a cousa iba a peor. Senteime nos sofas e non podia, deiteime e alguen debeuno avisar que veu a xunta miña. Dicíame "Ei pequecha, ¿que che pasa? Ti non estás ben, veña imos a que che dea o aire" e senteime alí nunha beirarrúa nunha curva, e como non, sacoume de ali que era perigoso, levoume para o seu coche. Ali si que me puxen mala mala. Abrin a porta e chimpeino to fora (dixen fora, non no coche) non termaba da cabeza, todo me daba voltas incluso creo que houbo un momento no que se asustou porque cando me din conta berrabame insistentemente "desperta non te durmas" mentres me axitaba suavemente. Cando volvin dime: "vou mover o coche que aqui molesta". Eu borracha estaba e mal tamén, pero ali o coche non tiña mal ningun, asique xa lle via eu as intencions. Durmo e cando me dou conta estamos no medio do monte, eu tremía co frío e puxome a sua chaqueta e non apagou a calefaccion en ningun momento, puxo a miña cabeza no seu colo e falábame cariñosamente, acariciabame... e nisto que me empeza a tocar e comer o escote mentres susurraba con voz de excitacion "¿Porque estas tan cachonda?" "¿Porque me provocas asi?" e eu no meu pensamento preguntabame "pero este que esta a dicir, que agora debo estar de todo menos sexy" e volveme a comer o escote varias veces mais, ata que me sacou unha teta para fora e enton si que reaccionei, (xa vos dixera que e meu punto debil) enton fomos o asiento de atras, bicamonos apaixonadamente, espinme, espino (si, eu case morrendo era a dominante ¡Encantame!) biqueino por todas partes, acaricieino, acaricioume ummm aii ¡como me puxen! e cominlla que ganas tiña de facer iso de novo  baixoume o pantalon, enton quixo coller un preservativo, pero eu non podia, estaba co periodo. Non foi unha noite perfecta pero dame igual, tou desexando repetir.

O sabado estaba eu un pouco rallada, pensando en que pensaria de min. A eso das dez da noite, mandame un sms dicindome que o parasa ben e que fose boiña. ¡¡Que lindoo!! ¿estaria celosillo?  

Pola maña mandame outro sms cando chegu a casa e tamén foi asi como intentandome poñer celosa (creo), dicindome que enredara tomando algo coa camareira mais guapa do pub onde traballa, bueno e co seu xefe tamen, pero que non me celara, que me queria a min e no siguiente sms volveume a repetir que me queria. Eu non dixen nada o respecto pero.. non sei... Creo que me estou a enamorar pero eu non queria...A ver en que acaba esta historia...

Diario dunha solteira V

Diario dunha solteira V

Un día, sen saber moi ben por que...

 ...supoño que estaba aburrida no bus comezo a ler a miña axenda do móbil e encontro o meu primeiro lío. Decidín darlle un toque e empezamos a mandarnos mensaxes e quedamos para coñecernos un sábado de novo e recordar vellos tempos.

Pois ben, coñecímonos e fomos tomar algo, invitou el, caeume moi ben e parece que foi mutuo porque esa semana andivemos tamen a sms e quedamos para o  sábado seguinte. Contoume que lle gustaría que pasase algo máis entre nós... esas cousas.

E o seguinte sábado chegou: fomos tomar algo antes de que entrara a traballar e invitei eu. Non pasou nada porque en media hora entraba a traballar. Entón fíxoselle hora de marchar e eu fun xunta a miñas primas. Alí pasou algo moi moi forte e se non o credes seguide lendo:

Eu estaba moi tranquiliña nun pub cando un rapaz ven bailar comigo. Susúrrame ó oído : "¿Quieres venir a follar conmigo?" Eu víndoo vir dígolle que non, e el marcha a intentalo coas miñas primas pero tamén sen resultado, entou voltou...  ¡Que eu non me dera conta ata que notei que me collían no colo me din coa cabeza contra unha columna do teito! Entón el,  algo avergoñado marchou a intentalo co resto de mulleres do pub pero sen conseguir nadiña así que volveu e rexeiteino e marchou. Despois entráronme ganas de ir ó baño e noto que me tiran da tira de atrás do suxeitador. ¡Quería volver entrarme ó morro! Como non, volvín a  rexeitalo e como non conseguía nada, pois botei man do meu salvavidas que sempre está aí nos momentos que se precisan e abraceime a el e dixen que era o meu mozo. Sei que un so "vai a merda" bastaría pero o alcohol... Logo de moito moito insistir, marchou.

Despois un ó baño e cando chego xunta das miñas primas, dime unha: "¿Imos a xunta o DJ a dedicar unha canción?" E fomos e alí estaba o outro, colleume por sorpresa, abrazoume moi forte e comezou a comerme o cuello dun xeito brutal. Saqueime de alí e voltei a onde estabamos todas. De súpeto, dinme conta que me caera un dos meus "superpendientes" así que fun buscalo ainda a risco de que me tirara outra vez do suxeitador, como así ocorreu. Desta vez non me abrazou non, mollou os seus dedos no seu cubata ¡pedazo porco! e salpicoume mentres dicia: "Yo te bendigo en el nombre del padre, del hijo y del espíritu santo" (en fin) e despois fixo o sinal da cruz. ¡Déronme unhas ganas de coller o seu cubata e bautizalo! Pero creo que notou as miñas intencións e botoume unha mirada acolloante así que pasei e nese intre miro o chan e ¡Si, aí estaba o meu pendiente! Collino, marchei e el veu tras de min. Cando estamos a altura dos baños vai e desabotoa os pantalóns e sácaa para fóra. ¡Eu fuxín a fume de carozo e el tras de min con ela colgando! (¡E despois son eu a que precisa un polvo, manda carallo!) e metinme no medio da miña prima e o seu ligue, despois diso, xa non souben mais do saído ese. ¡Menos mal!

Logo o meu salvavidas, a miña prima pequena e máis eu fomos o pub onde traballa, coma porteiro un rapaz co que querada o principio da noite, conteille todo o sucedido e dixome: "A próxima vez traemo aquí que o poño a andar". Eso chegoume á alma. Alí onde traballa estivemos un anaquiño e o marchar dinlle dous biquiños e susúrrame ó oído: "Pensa en min e non marxes no bus das seis anda" (¡Que riquiño é!) e marchamos para a disco.

Alí aburrinme un pouco e senteime nos sofás e venme un tío negro a dar a brasa, que se busca a unha amiga coa que compartir a vida, que lle da igual a color porque todos somos persoas e que a quere para pasalo ben... Díxenlle que deixara o mozo ai uns meses e empezoume a paranoiar de que se el me seguía querendo, que se despois de cinco anos non se pode cortar así... En fin, que menos mal que xa eran as seis e a disco pechaba. Así que mandeille un sms ó meu porteiro e encontrámonos e démonos bicos e abrazos durante dúas horas.  É a  primeira vez que un tipo non se me pon coma un pulpo e ademais doume mimiños ¡Como os botaba de menos!

Non viciosillas, a cousa non foi a mais, pero ainda quedamos o venres. Outra das cousas que me dixo foi que non lle importaria ter algo serio. ¿Vos como tomades esto?

Bueno a noite rematou e as 9 da mañá collimos o bus e ¿Sabedes quen se sentou ó meu lado? ¡O negro emparanoiado da disco! Estivo toda a viaxe intentando ligar e o principio non sabia que era o mesmo da disco, pero despois cain en que era o mesmiño ¡A nai que o pareu que pesadiño é! Faloume en inglés, francés.. que se quería unha amiga, e miña prima aí dándolle ás. ¡Foder! Pero a viaxe rematou e cada un polo se lado. xD 

Diario dunha solteira IV

Diario dunha solteira IV

Aquí vou agrupar dous sabados:

No primeiro sábado paseino moi ben, bebín e bailei con algúns tíos. O pouco de comezar a noite comecei a bailar cun rapaz e xa me entrou, eu nin lle mirei para a cara, a verdade, pero seguinlle. Non sei porque abrín os ollos e vexo a sexy69 berrando e xesticulando para que o deixara, entón mireille para a cara e como non me pareceu feo, só que estaba un pouco borracho, pois seguín. Pero a miña sorpresa e cando as vexo a todas berrando e pedindome que o mandara por ahí asique pensei que igual tiña algo do que eu non era consciente e largueino de alí. Despois souben que era o señor tics, e dicir, alomenos padece de tres, nos ollos, nariz, boca e anda escarranchado. Depois veu outro, moi guapiño por certo, e tamén, comecei a bailar con el e caeron os biquiños de rigor, nesto que mirando para kitty dime: "¿Coñecelas?" Eu dígolle que si e dime: "agora volvo", e marxa a xunta delas pero non volve, a saber que lle pasou. Alí estamos un cacho, e despois marchamos para un local cunha tarima enorme  e alí me subín eu.

Desde alí bótolle o ollo a un rapaciño de camiseta vermella que aínda que era un pouco baixo tiña un corpo que me encantaba, así forte e ancho de espaldas. Pero nada un par de biquiños e tamen marchou. ¿Será que teño alitosis ou algo asi? E esa foi esa noite de sábado. O domingo estaba bastante "depre" porque ningún me durara algo e esas cousas ¡Estaba doída no meu orgullo!

O seguinte sábado saín polo mesmo sitio, ó intre de chegar vexo o guapo do outro sábado apoiado na barra cos seus amigos, míranme e dille un, "¿E esa? Pois non é moi guapa", eso doeume pero pasei deles como da merda e seguín bailoteando á miña bola. Agora sobriamente penso.. ¿Daría o cante de mala maneira? E que nunca bailei tanto na miña vida nin tan esaxerado, non sei, a cuestión e que bailei con máis de cinco diferentes e todos repetiron  e eu feliz claro, incluso tiven algo co guapo da outra noite, pero a verdade e que non sei moi ben porque pasei un pouco del.

Despois vexo como kitty empeza a intentarlle quitar a camiseta a un, e cando o logrou vin que estaba bastante cachondo (ummmm) e bailei con ese dúas ou tres veces  ¡Que gañas de comelo tiña! Pero son moi tímida, a min que me entren. Incluso ó final da noite cando kitty se digna a devolverlle a camiseta, o ver que non era capaz de poñela vén a xunta de min para que lle axude  ¡Ahí si que me aproveitei un pouco!

Tamén bailei, pero menos, co irman do guapo do outro sábado, que por certo tamén é moi guapo. Nisto que tamén aparece sen camiseta, pero este creo que foi por vontade propia, ó igual que lle pasaba o "pesao" (pesado porque era un insistente, e pesado porque tiña un barrigolo de preñada de xemelgos) a este individuo en cuestión bótolle uns trinta e algo de anos. Bailei con él unhas tres cancións mentres estaba "normal", entre comiñas porque cada vez que viña a xunta miña se me presentaba. Pero despois ó ver que os outros rapaciños quitaban as camisetas vai el e empeza a desabrochar a camisa deixando ver a sua potente tripa chea de pelos (¡Agggg!) a partir de ahí empeceino a evitar, incluso eu, co tímida que son, agarrábame do primeiro tío que se me metía no medio, incluso un vai e dime: "non bailes con ese que é maricón", e eu contesteille:  "da igual, pa escapar dese calquera me vale." Creo que me escoitou o comentario porque abrocha a camisa e non se me volveu a acercar, pobre...

Despois marchamos de ali e o guapo guapo o que kitty lle arrincara a camiseta veu a canda nós, mellor dito, veu conmigo e díxome que se íamos o prado, pero díxenlle que non porque estaba coa regra, el díxome que non lle importaba, pero a min si, e ademais non tiña moi bos informes del así que... ¡nada! Aínda que tiña ganas e estaba realmente ben... ¡O mellor outro día non me resisto!

Fomos a un par de sitios mais, pero non ocorreu nada interesante, salvo para sexy69 que por certo, xa pode ir contandoo todo... Riendo

Xusto cando cremos que remata a noite e íamos coller o coche para marchar, aparecen uns tipiños e acércannos ata o coche de foxyzorrilla (ainda que creo que chegábamos antes andando polas voltas e reviravoltas que deron) e o chegar o coche..... ¡Sorpresaaaa! ¡Non tiñamos as chaves! Estaban no bolso de sexy (ahahahahah) dimos unha de voltas para atopala....  ¡Menos mal que nos recolleron polo camiño que tíñamos pupa nos pés!

¡Pois isto é todo! ¡Espero os vosos comentarios e respostas!

Diario dunha solteira III

Diario dunha solteira III

Segundo sábado de solteira:

Éste foi o mellor sábado, non por pasalo ben, non, senón polo simpático e ridiculo que foron as cousas que me ocorreron... hahaha

Volvín coas miñas primas e as amigas a mesma disco do primeiro sábado de solteira (ver entrada de máis abaixo). Despois de media hora ou así de chegar, apareceu o rapaz apreta-tetolas do outro sábado coa intención de repetir os actos de paixón da outra vez. Eu estaba coa miña prima nas escaleiras que dan para a pista cando veu el e agarroume da cintura. Miña prima ó velo metiuse no medio e el sae e vai polo outro lado. Miña prima vólvese meter e el vólvese cambiar, e así ata que botei a miña prima de alí. Acto seguido fomos pos sofás e bicámonos de novo, pero non era o mesmo estando eu serena. Metinlle a man pola espalda e...

¡Sorpresaaa!

Tíñaa toda sudada, a camiseta mollada e acababa de comezar a noite!!! puaj! (sip, podedes dicir con que clase de homes se lía esta rapaza) e xustiño cando non estábamos facendo nada, ven un porteiro e dime que pare un anaco que... menos mal que non vira coma o outro dia me comia to. En fin... ¡Que o mandei tomar vento de novo!

Despois bebín un cubata que me sentou coma o cu e deiteime nos sofas (¡Ai! Benditos sofás, non sei que faria sen eles) e veu un tipo a contarme a súa vida de "coupier" nos casinos de media españa e as súas aventuras de xogador nos da outra metade (¬¬) e dicir, un "PESAOOOO" pero xusto nese intre veu a miña primiña da alma e salvóume levándome cara a pista, pero o xojador veu atras nosa (¬¬).

Pero logo, marchei a xunta uns rapaciños da miña aldea, alí sen vir o caso, un rapaciño de dezasete anos ía achegándose a min e eu ía afastándome del e... Acabou dándome dous bicos e cando me dou conta ¡Vai e chántame o terceiro nos morros! Eu, claro, ¡Rinme nos seus fociños!

Despois marxamos da disco (porque pechaba) e fomos para un pub, alí, de repente, ven un home duns corenta e pico e ponse a bailar comigo (ata ai ben, ¿non?). Ó tocalo (para bailar enténdese, nunca faría nada cun tipo que podería ser meu pai) vin que tiña uns brazos coma as miñas coxas, midia un oitenta máis ou menos, é dicir, un animal, un enxendro de ximnasio que non sei cantas horas pasara aí. A cousa e que de repente sen mediar palabra vao e rozáse de arriba para abaixo, da esquerda para a dereita, (non lle vin nada pero, para ser sincera, creo que o mito de home grande pirola pequena creo que no seu caso non é verdade) estaba duro coma un penedo o condenado. Escapei e colleume de novo por detrás, si, nenas, si, comezouse a rozar contra o meu cu (¬¬), deume a volta e sejiu no mesmo plan, eu quedei quietiña tal barra de ana obregon e de súpeto sóltame, dá un paso cara atrás, mira cara os lados asustado e... marcha case correndo, non queria imaxinar o que lle pasou pero non creo que ningunha de nós poida ser que non a pille.

Depois fomos a un "after" e lieime co mais guapeiro, marchei para fóra con el e pediume o meu número de teléfono. Dixome que me ia chamar para tomar unha cervexa xuntos pero en vez diso mandoum un sms porque non sabia quen era eu. (:-() Pero bueno eu catar, cateino así que... ¡¡Viva viva!!!!

Diario de unha solteira II

Diario de unha solteira II

Primeiro fin de ano de solteira:

Esta noite foi máis aburrida, que a do sabado anterior (ver entrada anterior). Pero bueno... o bo é que montei unha bronca.

Fun cunha compi do traballo e as suas amigas a unha discoteca con barra libre. A noite foi aburrida ata que o garrafón me fixo pupa na barriga e cando me ía levantar para ir ó baño e botalo todo fora, pois... ¡¡¡Boteino todo enriba do meu pe e salpiquei a unha trosmiña que taba por ali!!! Esa pequerrecha comezou a ameazarme con pegarme e eu contesteille que cando quixera que empezara. E nada, seguía  igual, ameazando e sen facer nada. Entón erguinme e marxou. De alí a un cacho volveu bailando cun mozo e comezou a tirar os cubatas polo aire, para darme a min, como non me deu nin o primeiro, e acabaron todos polo rapaz abaixo) e eu non lle entraba o trapo, pois... marchou.

A miña sorpresa foi cando unha gorda alta, grande e forte comezou a tirar cubatas ó aire, e éstes si que me deron, non moito pero algo si, así que lle preguntei a fulana, amablemente que facía, que me estaba a mollar. A sua contestación foi que como eu lle potara enriba a súa amiga pois.. Eu díxenlle que non se metera, xq eso era entre a súa amiga máis eu, ademais a pequerrecha estaba moi contenta nunha esquina co rapaz da camisa, alcoholizada. ¡Pois nada! Púxose a berrarme que era unha non sei que e unha non sei canto, e erguinme. Non sei como foi que aparezo contra a barra e rodeada por tres mulleronas, a gorda, claro está, estaba enfrente miña ameazandome con pegarme, eu flipando porque non entendía nin entendo por que carallo se meteu no medio se a víctima do meu potaxe estaba moi contenta. Pois pegoume un cabezazo no nariz. Ainda sorprendida metéronse meus amigos e a gorda botaronna da disco. Como vedes unha noite moi aburrida se non fora pola animala esa

 Moitas grazas.

Diario de unha solteira I

Diario de unha solteira I

1ºsabado de solteira

Salín a unha discoteca con miñas primas e unhas amigas. Estaba toda desexosa e as cinco da maña ou así, comezo a bailar cun mozo.

 De repente, non sei como, sentouse nos sofás da disco, eu senteime no seu colo, mirando para el e encendémonos. ¡E de que manera! Comenzou a bicarme na boca, no pescozo e nas orelliñas ¡ai, que gustiño! Rozámonos, pronto baixou as súas man e acaricioume enteiriña. Pasoume as mans por debaixo da miña camiseta e do meu sosténe comezou a amasarme as tetas, (¡como me poño cando mas amasan, é algo indescriptible!)

 Rozámonos máis, comémonos... ¡Uff! Pero no punto álxido, cando máis cachonda estaba comezou a facer e dicir cousas raras: que se me quería e me amaba... pasaba a súa lingua polos seus beizos (puajj) e apretoume tanto unha teta que me fixo pupa, moita pupa. E queixeime, claro, entón pasei as miñas mans por debaixo da súa camiseta e comecei a ser consciente de que taba bastante gordecho, mireille para a cara e vin que non era moi agraciado, pero bicaba tan ben...  Pero comezou a poñerse pesado, non me deixaba rozarlo e... pois non quixen seguir.

¡Pero como me puxo! ¡Uff!

Alá foi!

Alá foi!

Bueno queridas amigas do circulo, teñovos que dar unha triste noticia. Levaba anos co meu mozo e recentemente decidin deixalo.

En fin... a cousa e que el parece que está bastante namorado e pediume rollo sen compromiso, dixome que esta bastante mal etc... a cousa e que eu morro por bicalo de novo, por abrazalo con forza. Pero sei que iso vainos confudir os dous e volveremos outra vez o mesmo e eu non quero volver xa que era bastante "anticuado" xa que me queria so pa el. Ademais non me gusta a sua forma de levar a ruptura xa que andivo a sms coa miña irmá pequena coa disculpa de se despedir, pero o feito e que non me pareceu ben xa que parecia coma unha esecie de chantaxe. Non sei... ¿vós que dicides??

O outro dia...

O outro dia... Non hai moito, unha mañá de domingo,  fun dar un paseo romántico co meu mozo pola beira do mar. Iba frío , pero aínda así metín os pés na auga fría do mar. Cando lebávamos un anaquiño andando vimos a unha rapaza tumbada na area, eu pensei que quedara alí durmida despois da marcha do sábado, xa que ía cun vestido negro moi xeitosiño.  Nosa sorpresa foi cando se ergue, saca o vestido e métese de chea no mar en roupa interior, da un par de brazadas e sae, túmbase de novo na area, a beiriña do mar. A marea comeza a subir, a auga comeza a acariciar as súas pernas, trepa por elas ata chegar os niveis mais íntimos. A muller érguese de novo e vólvese a meter ante a nosa mirada atónita e a dun grupo de mozos que tamén andaba por aí. Farta de que ningués se lle achegara, puxo de novo o vestidiño negro por riba da pel e roupa intima mollada e marchou.

!!PILLADA!!

!!PILLADA!!

Bueno, estamos de acordo no de que che poidan pillar da moito morbo, pero esto que vou contar lle quita as ganas a calquera.

Eran tempos de exames e meu mozo mais eu fomos estudiar a unha biblioteca, pero resultou imposible, e como non, rematamos nos baños.  Un par de golpes e un par de risiñas e de súpeto escoitei a un home dicir que non sei quen tiñan que marchar a unha cafetería, pero non lle fixen caso e meu mozo nin se quera o escoitara así que seguimos ó noso. Uns mitutos despois alguén pétanos na porta, non dixemos nada. Volvennos petar e tamén calamos, pero a terceira vez meu mozo dixo que estaba ocupado e o home que estaba tras a porta dixo q por favor abrira e saira. Miramos por debaixo da porta e vimos a un home con uniforme de policia local (Así que o home aquel quería que fósemos os baños dunha cafetería e como venganza por darlle envexa ¡¡¡chamounos a policia!!!). Meu mozo vestiuse (eu taba vestida porque non nos dera tempo a gozar de verdade) e saiu, o policía tomoulle todolos seus datos persoais e deullos, despois tocoume a min e como non, ¡tremía co medo! ¡¡Imaxinade que llo contan ós meus pais!! Eu era aínda bastante nova. Uff!! Menos mal que el se apiadou de min e rompeu tódolos seus apuntamentos!!!  Pero xúrovos que tardei tempo en pisar de novo aquel lugar e non digamos ir ó baño!!! ufff

Polvo medieval

Polvo medieval

Ejem. Vouvos contar o sitio máis raro onde o fixen. Foi nun castelo!!! A cousa foi así:

Meu mozo máis eu fomos dar unha volta e vimos un precioso castelo e entramos, pero pronto as nosas mans puxéronse xoguetonas, a temperatura empezou a subir e inevitablemente puxémonos a buscar un lugar q se prestase a calmar noso livido. Pero nada, non nos valía nin a torre do vixiante, nin a mesa da cociña, nin sequera o cuartiño escuro (dábame medo)e así, de repente, no momento máis oportuno apareceu o letreiro dos sevizos! Faltóunos tempo para entrar no dos homes. Cando saímos, moito máis tranquilos e cun sorriso de orella a orella, parecéume ver a uns rapaces pasar, pero como é de supoñer non estaba eu como para preocuparme diso, ademais, ¡Coma se me importara que me pillasen! ¡xa non sería a primeira vez!

 A nosa sorpresa foi maiúscula cando nun dos pasillos do castelo atopámonos con dous rapaciños e un bérralle ó outro: "¡¡¡¡Mira son eses dous os que berraban no baño!!!!"