circuloviciosoEste é un blog colectivo, escrito por mulleres anónimas e sen prexuizos. |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2008. Resumen
Diario de unha solteira I![]() 1ºsabado de solteira Salín a unha discoteca con miñas primas e unhas amigas. Estaba toda desexosa e as cinco da maña ou así, comezo a bailar cun mozo. De repente, non sei como, sentouse nos sofás da disco, eu senteime no seu colo, mirando para el e encendémonos. ¡E de que manera! Comenzou a bicarme na boca, no pescozo e nas orelliñas ¡ai, que gustiño! Rozámonos, pronto baixou as súas man e acaricioume enteiriña. Pasoume as mans por debaixo da miña camiseta e do meu sosténe comezou a amasarme as tetas, (¡como me poño cando mas amasan, é algo indescriptible!) Rozámonos máis, comémonos... ¡Uff! Pero no punto álxido, cando máis cachonda estaba comezou a facer e dicir cousas raras: que se me quería e me amaba... pasaba a súa lingua polos seus beizos (puajj) e apretoume tanto unha teta que me fixo pupa, moita pupa. E queixeime, claro, entón pasei as miñas mans por debaixo da súa camiseta e comecei a ser consciente de que taba bastante gordecho, mireille para a cara e vin que non era moi agraciado, pero bicaba tan ben... Pero comezou a poñerse pesado, non me deixaba rozarlo e... pois non quixen seguir. ¡Pero como me puxo! ¡Uff! Miércoles, 09 de Enero de 2008 15:19 Autor: circulovicioso. ;?> Hay 4 comentarios. Diario de unha solteira II![]() Primeiro fin de ano de solteira: Esta noite foi máis aburrida, que a do sabado anterior (ver entrada anterior). Pero bueno... o bo é que montei unha bronca. Fun cunha compi do traballo e as suas amigas a unha discoteca con barra libre. A noite foi aburrida ata que o garrafón me fixo pupa na barriga e cando me ía levantar para ir ó baño e botalo todo fora, pois... ¡¡¡Boteino todo enriba do meu pe e salpiquei a unha trosmiña que taba por ali!!! Esa pequerrecha comezou a ameazarme con pegarme e eu contesteille que cando quixera que empezara. E nada, seguía igual, ameazando e sen facer nada. Entón erguinme e marxou. De alí a un cacho volveu bailando cun mozo e comezou a tirar os cubatas polo aire, para darme a min, como non me deu nin o primeiro, e acabaron todos polo rapaz abaixo) e eu non lle entraba o trapo, pois... marchou. A miña sorpresa foi cando unha gorda alta, grande e forte comezou a tirar cubatas ó aire, e éstes si que me deron, non moito pero algo si, así que lle preguntei a fulana, amablemente que facía, que me estaba a mollar. A sua contestación foi que como eu lle potara enriba a súa amiga pois.. Eu díxenlle que non se metera, xq eso era entre a súa amiga máis eu, ademais a pequerrecha estaba moi contenta nunha esquina co rapaz da camisa, alcoholizada. ¡Pois nada! Púxose a berrarme que era unha non sei que e unha non sei canto, e erguinme. Non sei como foi que aparezo contra a barra e rodeada por tres mulleronas, a gorda, claro está, estaba enfrente miña ameazandome con pegarme, eu flipando porque non entendía nin entendo por que carallo se meteu no medio se a víctima do meu potaxe estaba moi contenta. Pois pegoume un cabezazo no nariz. Ainda sorprendida metéronse meus amigos e a gorda botaronna da disco. Como vedes unha noite moi aburrida se non fora pola animala esa Moitas grazas. Viernes, 11 de Enero de 2008 13:32 Autor: circulovicioso. ;?> Hay 3 comentarios. Diario dunha solteira III![]() Segundo sábado de solteira: Éste foi o mellor sábado, non por pasalo ben, non, senón polo simpático e ridiculo que foron as cousas que me ocorreron... hahaha Volvín coas miñas primas e as amigas a mesma disco do primeiro sábado de solteira (ver entrada de máis abaixo). Despois de media hora ou así de chegar, apareceu o rapaz apreta-tetolas do outro sábado coa intención de repetir os actos de paixón da outra vez. Eu estaba coa miña prima nas escaleiras que dan para a pista cando veu el e agarroume da cintura. Miña prima ó velo metiuse no medio e el sae e vai polo outro lado. Miña prima vólvese meter e el vólvese cambiar, e así ata que botei a miña prima de alí. Acto seguido fomos pos sofás e bicámonos de novo, pero non era o mesmo estando eu serena. Metinlle a man pola espalda e... ¡Sorpresaaa! Tíñaa toda sudada, a camiseta mollada e acababa de comezar a noite!!! puaj! (sip, podedes dicir con que clase de homes se lía esta rapaza) e xustiño cando non estábamos facendo nada, ven un porteiro e dime que pare un anaco que... menos mal que non vira coma o outro dia me comia to. En fin... ¡Que o mandei tomar vento de novo! Despois bebín un cubata que me sentou coma o cu e deiteime nos sofas (¡Ai! Benditos sofás, non sei que faria sen eles) e veu un tipo a contarme a súa vida de "coupier" nos casinos de media españa e as súas aventuras de xogador nos da outra metade (¬¬) e dicir, un "PESAOOOO" pero xusto nese intre veu a miña primiña da alma e salvóume levándome cara a pista, pero o xojador veu atras nosa (¬¬). Pero logo, marchei a xunta uns rapaciños da miña aldea, alí sen vir o caso, un rapaciño de dezasete anos ía achegándose a min e eu ía afastándome del e... Acabou dándome dous bicos e cando me dou conta ¡Vai e chántame o terceiro nos morros! Eu, claro, ¡Rinme nos seus fociños! Despois marxamos da disco (porque pechaba) e fomos para un pub, alí, de repente, ven un home duns corenta e pico e ponse a bailar comigo (ata ai ben, ¿non?). Ó tocalo (para bailar enténdese, nunca faría nada cun tipo que podería ser meu pai) vin que tiña uns brazos coma as miñas coxas, midia un oitenta máis ou menos, é dicir, un animal, un enxendro de ximnasio que non sei cantas horas pasara aí. A cousa e que de repente sen mediar palabra vao e rozáse de arriba para abaixo, da esquerda para a dereita, (non lle vin nada pero, para ser sincera, creo que o mito de home grande pirola pequena creo que no seu caso non é verdade) estaba duro coma un penedo o condenado. Escapei e colleume de novo por detrás, si, nenas, si, comezouse a rozar contra o meu cu (¬¬), deume a volta e sejiu no mesmo plan, eu quedei quietiña tal barra de ana obregon e de súpeto sóltame, dá un paso cara atrás, mira cara os lados asustado e... marcha case correndo, non queria imaxinar o que lle pasou pero non creo que ningunha de nós poida ser que non a pille. Depois fomos a un "after" e lieime co mais guapeiro, marchei para fóra con el e pediume o meu número de teléfono. Dixome que me ia chamar para tomar unha cervexa xuntos pero en vez diso mandoum un sms porque non sabia quen era eu. (:-() Pero bueno eu catar, cateino así que... ¡¡Viva viva!!!! Miércoles, 16 de Enero de 2008 15:12 Autor: circulovicioso. ;?> Hay 7 comentarios. Preguntas do Círculo VIII Realmente... ¿Importa o tamaño?Viernes, 18 de Enero de 2008 18:34 Autor: circulovicioso. ;?> Hay 8 comentarios. Preguntas do Círculo IX![]() ¿Eres... dominante ou sumisa? Viernes, 18 de Enero de 2008 19:27 Autor: circulovicioso. ;?> Hay 6 comentarios. ¡Ocorreu nunha noite de verán!![]() Si, esto sucedeu nunha noite de verán, que título máis inxenioso. Concretamente unha noite do verán pasado. Estaba eu nun sitio (que a vós non vos importa). Atopábame... digamos que un tanto embriagada polo espírito do deus Baco... si, si, ¡Atínachedes! ¡Chea de viño ata as trancas! O entorno era encantador: regatos, prados... todo verde e bonito. E mentras estaba a bailar soa e a rirme sen vir o caso achégaseme a min un rapaz (hihihi). El dime: - ¿Queres vir conmigo a unha festa privada? - Pero só se estamos os dous sós. -Vale, ti escolles o sitio e eu o xogo. Pois ben, vouvos contar algo curioso: cando estou alcoholizada dáseme por ir foder ós sitios máis incómodos, como total, non sinto ningún tipo de dor, pois... Ben, volvendo ó tema, a min tocoume escoller o sitio e, claro, escollín un prado. Cando chegamos a el tiroume o chan boca arriba (e eu veña a rir, como non me doía) e bueno... estivemos fodendo nesa posición ata que nos empeza a chover. Por certo que me estivo todo o tempo chamándome princesa, que bonito... Entón propúxenlle ir para a miña habitación, pero estaba a xente durmindo. O único sitio no que non chovía nin había xente era no cuarto de baño. E ata alí o arrastrei. Estivemos nun sitio estreitísimo e facendo un ruido que non vexades (ou oiades) durante case unha hora. Non sei como ninguén se despertou. Ó día seguinte estábamos cheos de negróns e rabuñaduras por todos lados. ¡E non había toxos nin pedras desta vez! ¡Ai! ¿Que será dese rapaz? Viernes, 18 de Enero de 2008 20:18 Autor: circulovicioso. ;?> Hay 6 comentarios. Seré tu amante bandida, bandida!!![]() Hola a tod@s, pois ben, paso a informarvos dun caso, queiras que non, un tanto cómico. Esto era un día de agosto, nunha festa da que non me quero lembrar e claro, festa moitos días seguido, alcohol, durmir máis ben pouco... E estábamos eu mais kitty lapiedra a última hora (07.30horas aprox.) pintando o parvo na única taberna na que quedaba xente. Non deberíamos ter estado, sobre todo eu, xa q alí estaba a parelliña: ¡O meu ex-amante e máis a muller! (si o de foxyzorrilla e por algo non vos pensedes). Nesto que a muller estaba un pouco como decilo... ¡¿BORRACHA!?, e nos cantando as nosas cancións favoritas ("Me gusta ser una zorra", "Alcohol, alcohol", etc.) e ela facéndonos os coros, si a de me gusta ser unha zorra quedounos buenooooo... E bla, e bla e bla. O mais cómico e q eu facía todo o posible por que non me viñese falar, pero a tía insistía, sobre todo con kitty que lle facía caso. E cando de repente no último momento antes de eu marchar escopeteada (claro despois do que pasou non era para menos) cólleme ela por un brazo e empeza a decirlle a todo o mundo: "vouvos presentar á miña irmá, (eu a sua irmá ahahaha) vamos, eu aí vermella como un tomatiño maduro, presentoume a todos os que eu xa coñecía, ata que faltaba un... quen será será... Pois si o meu ex-amante o home da senhora que decía que era a miña irmá e que me tiña que presentar porque el era o mellor de todos. Eu estaba que non sabia como marchar de alí (mais q nada porque ela tíñame ben agarrada para que non marchase) e el, máis vermello ainda ca min (que xa é dicir). Vamos fatal, fatal, fatal. Cada vez que me acordo morro de vergoña NOOOOOOOOOOOOOOOOOOON Martes, 29 de Enero de 2008 20:19 Autor: circulovicioso. ;?> Hay 3 comentarios. Diario dunha solteira IV![]() Aquí vou agrupar dous sabados: No primeiro sábado paseino moi ben, bebín e bailei con algúns tíos. O pouco de comezar a noite comecei a bailar cun rapaz e xa me entrou, eu nin lle mirei para a cara, a verdade, pero seguinlle. Non sei porque abrín os ollos e vexo a sexy69 berrando e xesticulando para que o deixara, entón mireille para a cara e como non me pareceu feo, só que estaba un pouco borracho, pois seguín. Pero a miña sorpresa e cando as vexo a todas berrando e pedindome que o mandara por ahí asique pensei que igual tiña algo do que eu non era consciente e largueino de alí. Despois souben que era o señor tics, e dicir, alomenos padece de tres, nos ollos, nariz, boca e anda escarranchado. Depois veu outro, moi guapiño por certo, e tamén, comecei a bailar con el e caeron os biquiños de rigor, nesto que mirando para kitty dime: "¿Coñecelas?" Eu dígolle que si e dime: "agora volvo", e marxa a xunta delas pero non volve, a saber que lle pasou. Alí estamos un cacho, e despois marchamos para un local cunha tarima enorme e alí me subín eu. Desde alí bótolle o ollo a un rapaciño de camiseta vermella que aínda que era un pouco baixo tiña un corpo que me encantaba, así forte e ancho de espaldas. Pero nada un par de biquiños e tamen marchou. ¿Será que teño alitosis ou algo asi? E esa foi esa noite de sábado. O domingo estaba bastante "depre" porque ningún me durara algo e esas cousas ¡Estaba doída no meu orgullo! O seguinte sábado saín polo mesmo sitio, ó intre de chegar vexo o guapo do outro sábado apoiado na barra cos seus amigos, míranme e dille un, "¿E esa? Pois non é moi guapa", eso doeume pero pasei deles como da merda e seguín bailoteando á miña bola. Agora sobriamente penso.. ¿Daría o cante de mala maneira? E que nunca bailei tanto na miña vida nin tan esaxerado, non sei, a cuestión e que bailei con máis de cinco diferentes e todos repetiron e eu feliz claro, incluso tiven algo co guapo da outra noite, pero a verdade e que non sei moi ben porque pasei un pouco del. Despois vexo como kitty empeza a intentarlle quitar a camiseta a un, e cando o logrou vin que estaba bastante cachondo (ummmm) e bailei con ese dúas ou tres veces ¡Que gañas de comelo tiña! Pero son moi tímida, a min que me entren. Incluso ó final da noite cando kitty se digna a devolverlle a camiseta, o ver que non era capaz de poñela vén a xunta de min para que lle axude ¡Ahí si que me aproveitei un pouco! Tamén bailei, pero menos, co irman do guapo do outro sábado, que por certo tamén é moi guapo. Nisto que tamén aparece sen camiseta, pero este creo que foi por vontade propia, ó igual que lle pasaba o "pesao" (pesado porque era un insistente, e pesado porque tiña un barrigolo de preñada de xemelgos) a este individuo en cuestión bótolle uns trinta e algo de anos. Bailei con él unhas tres cancións mentres estaba "normal", entre comiñas porque cada vez que viña a xunta miña se me presentaba. Pero despois ó ver que os outros rapaciños quitaban as camisetas vai el e empeza a desabrochar a camisa deixando ver a sua potente tripa chea de pelos (¡Agggg!) a partir de ahí empeceino a evitar, incluso eu, co tímida que son, agarrábame do primeiro tío que se me metía no medio, incluso un vai e dime: "non bailes con ese que é maricón", e eu contesteille: "da igual, pa escapar dese calquera me vale." Creo que me escoitou o comentario porque abrocha a camisa e non se me volveu a acercar, pobre... Despois marchamos de ali e o guapo guapo o que kitty lle arrincara a camiseta veu a canda nós, mellor dito, veu conmigo e díxome que se íamos o prado, pero díxenlle que non porque estaba coa regra, el díxome que non lle importaba, pero a min si, e ademais non tiña moi bos informes del así que... ¡nada! Aínda que tiña ganas e estaba realmente ben... ¡O mellor outro día non me resisto! Fomos a un par de sitios mais, pero non ocorreu nada interesante, salvo para sexy69 que por certo, xa pode ir contandoo todo... Xusto cando cremos que remata a noite e íamos coller o coche para marchar, aparecen uns tipiños e acércannos ata o coche de foxyzorrilla (ainda que creo que chegábamos antes andando polas voltas e reviravoltas que deron) e o chegar o coche..... ¡Sorpresaaaa! ¡Non tiñamos as chaves! Estaban no bolso de sexy (ahahahahah) dimos unha de voltas para atopala.... ¡Menos mal que nos recolleron polo camiño que tíñamos pupa nos pés! ¡Pois isto é todo! ¡Espero os vosos comentarios e respostas! Miércoles, 30 de Enero de 2008 16:06 Autor: circulovicioso. ;?> Hay 4 comentarios. |
Temas
Archivos
Enlaces
|