Bizarre love triangle
Non pensei que fose eu a que abrise este blog, pero en fin... Teño cousas que contar.
Pois aí vai sen máis dilacións: resulta que de vez en cando me enrollo cun tío, sen sentimentos profundos, nada serio en calquera caso. Hai bastante que non estou con el, polo que pensei que tal vez perdese o seu interese por min, cousa rara, pero neste mundo pode pasar de todo. De todos modos seguíamonos falando e levábamonos ben.
Ben, pois hai un par de semanas presentóuseme a oportunidade de estar cun rapaz guapíiiisimo e cun toque tímido como me gustan a min (aínda que eso só o principio, hehehe). E sí, efectivamente, non deixei pasar a oportunidade, que boba non son. Só tiña unha pega: que é amigo do rapaz do que falei antes, co que me lío de vez en cando. Eu pensei que non se iba molestar, porque non estamos saíndo nin nada polo estilo, pero o certo é que este sábado saudoume de mala gana e nin me falou. Ó principio pensei que eran paranoias miñas porque adoito esaxerar un pouquiño as cousas, todo hai que dicilo... Pero despois pasoume un detalle: estábamos as miñas amigas e máis eu bailando nun pub, ó lado da máquina expendedora de tabaco, el foi pillar un paquete e, todo serio, nin sequera me mirou. ¡¡¡E desta vez teño testemuñas!!!
¿Por que estará molesto? ¿Sentirá algo por min? E se é así, ¿por que non me fixo máis caso antes?
¡Necesito respostas!
4 comentarios
sexy69 -
porra slave -
miss vicious -
foxyzorrilla -