Polvo máxico!!!
A petición popular (bueno miss vicious sempre me dixo que lla contara) vouvos contar a historia do POLVO (si, con maiúsculas).
Era na excursión de fin de curso, fóramos a Salamanca. Eu era moi nova e case inocente pois só o fixera co meu ex. ¡Que tempos aqueles!
Entón coñecín a un descoñecido (que frase máis poética). El era universitario, simpático e cuns ollazos verdes que... (insertar babas)... Eu nesa época non adoitaba liarme con descoñecidos, pero este acabou conquistándome e... bueno un pouco inocente sí que era, pero a tentación é a tentación, seguro que me entendedes...
Intentamos ir para o hotel no que me aloxaba, pero estaban durmindo unhas chavalas coas que me tocou compartir habitación, e bueno, unha cousa é ter público e outra que se acabe enterando todo o instituto.
Entonces, ó ir para fóra os dous quedámolo mirando ó fondo... ¡Si! As nosas caras ilumináronse ó ver o FOTOMATÓN.
Entramos dentro e alí de seguido comezou toda a maxia... ¡En serio que nunca me pasou algo igual! ¡Foi só tocarme un brazo e poñerme coma unha moto!
E despois acabou como acaban estas cousas hehe... O que non entendo aínda é como demos feito cun espazo tan reducido.
Só me arrepinto dunha cousa. Non teño ningunha foto de recordo.
5 comentarios
porra slave -
miss vicious -
por certo e verda, esa historia encantame, e non poderas dicir q non teras unha foto de recordo por non ter unha camara a mao.jejejeje q malo!
kitty lapiedra -
foxyzorrilla -
sexy69 -