circulovicioso

Este é un blog colectivo, escrito por mulleres anónimas e sen prexuizos.

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2008.

Resumen

Diario dunha solteira V

20080218185844-sejurite.jpg

Un día, sen saber moi ben por que...

 ...supoño que estaba aburrida no bus comezo a ler a miña axenda do móbil e encontro o meu primeiro lío. Decidín darlle un toque e empezamos a mandarnos mensaxes e quedamos para coñecernos un sábado de novo e recordar vellos tempos.

Pois ben, coñecímonos e fomos tomar algo, invitou el, caeume moi ben e parece que foi mutuo porque esa semana andivemos tamen a sms e quedamos para o  sábado seguinte. Contoume que lle gustaría que pasase algo máis entre nós... esas cousas.

E o seguinte sábado chegou: fomos tomar algo antes de que entrara a traballar e invitei eu. Non pasou nada porque en media hora entraba a traballar. Entón fíxoselle hora de marchar e eu fun xunta a miñas primas. Alí pasou algo moi moi forte e se non o credes seguide lendo:

Eu estaba moi tranquiliña nun pub cando un rapaz ven bailar comigo. Susúrrame ó oído : "¿Quieres venir a follar conmigo?" Eu víndoo vir dígolle que non, e el marcha a intentalo coas miñas primas pero tamén sen resultado, entou voltou...  ¡Que eu non me dera conta ata que notei que me collían no colo me din coa cabeza contra unha columna do teito! Entón el,  algo avergoñado marchou a intentalo co resto de mulleres do pub pero sen conseguir nadiña así que volveu e rexeiteino e marchou. Despois entráronme ganas de ir ó baño e noto que me tiran da tira de atrás do suxeitador. ¡Quería volver entrarme ó morro! Como non, volvín a  rexeitalo e como non conseguía nada, pois botei man do meu salvavidas que sempre está aí nos momentos que se precisan e abraceime a el e dixen que era o meu mozo. Sei que un so "vai a merda" bastaría pero o alcohol... Logo de moito moito insistir, marchou.

Despois un ó baño e cando chego xunta das miñas primas, dime unha: "¿Imos a xunta o DJ a dedicar unha canción?" E fomos e alí estaba o outro, colleume por sorpresa, abrazoume moi forte e comezou a comerme o cuello dun xeito brutal. Saqueime de alí e voltei a onde estabamos todas. De súpeto, dinme conta que me caera un dos meus "superpendientes" así que fun buscalo ainda a risco de que me tirara outra vez do suxeitador, como así ocorreu. Desta vez non me abrazou non, mollou os seus dedos no seu cubata ¡pedazo porco! e salpicoume mentres dicia: "Yo te bendigo en el nombre del padre, del hijo y del espíritu santo" (en fin) e despois fixo o sinal da cruz. ¡Déronme unhas ganas de coller o seu cubata e bautizalo! Pero creo que notou as miñas intencións e botoume unha mirada acolloante así que pasei e nese intre miro o chan e ¡Si, aí estaba o meu pendiente! Collino, marchei e el veu tras de min. Cando estamos a altura dos baños vai e desabotoa os pantalóns e sácaa para fóra. ¡Eu fuxín a fume de carozo e el tras de min con ela colgando! (¡E despois son eu a que precisa un polvo, manda carallo!) e metinme no medio da miña prima e o seu ligue, despois diso, xa non souben mais do saído ese. ¡Menos mal!

Logo o meu salvavidas, a miña prima pequena e máis eu fomos o pub onde traballa, coma porteiro un rapaz co que querada o principio da noite, conteille todo o sucedido e dixome: "A próxima vez traemo aquí que o poño a andar". Eso chegoume á alma. Alí onde traballa estivemos un anaquiño e o marchar dinlle dous biquiños e susúrrame ó oído: "Pensa en min e non marxes no bus das seis anda" (¡Que riquiño é!) e marchamos para a disco.

Alí aburrinme un pouco e senteime nos sofás e venme un tío negro a dar a brasa, que se busca a unha amiga coa que compartir a vida, que lle da igual a color porque todos somos persoas e que a quere para pasalo ben... Díxenlle que deixara o mozo ai uns meses e empezoume a paranoiar de que se el me seguía querendo, que se despois de cinco anos non se pode cortar así... En fin, que menos mal que xa eran as seis e a disco pechaba. Así que mandeille un sms ó meu porteiro e encontrámonos e démonos bicos e abrazos durante dúas horas.  É a  primeira vez que un tipo non se me pon coma un pulpo e ademais doume mimiños ¡Como os botaba de menos!

Non viciosillas, a cousa non foi a mais, pero ainda quedamos o venres. Outra das cousas que me dixo foi que non lle importaria ter algo serio. ¿Vos como tomades esto?

Bueno a noite rematou e as 9 da mañá collimos o bus e ¿Sabedes quen se sentou ó meu lado? ¡O negro emparanoiado da disco! Estivo toda a viaxe intentando ligar e o principio non sabia que era o mesmo da disco, pero despois cain en que era o mesmiño ¡A nai que o pareu que pesadiño é! Faloume en inglés, francés.. que se quería unha amiga, e miña prima aí dándolle ás. ¡Foder! Pero a viaxe rematou e cada un polo se lado. xD 

Domingo, 17 de Febrero de 2008 20:32 Autor: circulovicioso. ;?> Hay 4 comentarios.

Diario dunha solteira VI

20080225134336-noticia-6028-normaly.jpg

Este venres pasado quedei co porteiro (Ver diario dunha solteira V) na disco que hai cerca da súa casa e o lado da casa da miña avoa. A verdade é que pensaba que iba ser unha mala noite porque pensaba que non me iba facer caso e non me equivoquei: foi unha mala noite, ainda que non polo que pensaba.

 A iso das seis e media da tarde cheguei a casa da miña avoa e a hora de velo achegábase,  pero eu non tiña noticias del, estaba algo triste. As sete e pico soáme o móbil e non era el, non, era o negro pesado do sabado pasado, íballe colgar, pero miña prima dixo que non, que lle collía ela, e así o fixo:  vacilouno durante uns dez minutos, dicíalle que eu era unha prostituta que cobraba vinte euros e que se queria quedar comigo tiña que levar a carteira ben chea que eu son bastante fina en fin, este non creo que volva incordiar.

Unha hora despois recibo un sms do meu porteiro, tiña unha cea cos amigos e que non sabía a que hora iba baixar pero se queria quedar antes llo dixera que el baixaba (que lindo , ¿non?)  pois quedamos a unha, eu estaba na barra pedindo un cubata cando alguén me colle pola cintura e me da un bico na cara e me di "¿Que tal preciosa?" mmmmmmmm ¡¡Como me gustou iso!! Despois dos bicos de rigor comezou a presentarme a xente, bueno a rapazas, e de unha dime varias veces: "Mira que é guapa" e debeume notar algo que me acariciou a cara e dime "Non te me poñas celosa anda" tomamos algo, bicamonos e eu marchei a bailar coa miña prima e el cos seus amigos.

A mala noite comeza cando remato o terceiro cubata, non podía coa cabeza, mareábame e a cousa iba a peor. Senteime nos sofas e non podia, deiteime e alguen debeuno avisar que veu a xunta miña. Dicíame "Ei pequecha, ¿que che pasa? Ti non estás ben, veña imos a que che dea o aire" e senteime alí nunha beirarrúa nunha curva, e como non, sacoume de ali que era perigoso, levoume para o seu coche. Ali si que me puxen mala mala. Abrin a porta e chimpeino to fora (dixen fora, non no coche) non termaba da cabeza, todo me daba voltas incluso creo que houbo un momento no que se asustou porque cando me din conta berrabame insistentemente "desperta non te durmas" mentres me axitaba suavemente. Cando volvin dime: "vou mover o coche que aqui molesta". Eu borracha estaba e mal tamén, pero ali o coche non tiña mal ningun, asique xa lle via eu as intencions. Durmo e cando me dou conta estamos no medio do monte, eu tremía co frío e puxome a sua chaqueta e non apagou a calefaccion en ningun momento, puxo a miña cabeza no seu colo e falábame cariñosamente, acariciabame... e nisto que me empeza a tocar e comer o escote mentres susurraba con voz de excitacion "¿Porque estas tan cachonda?" "¿Porque me provocas asi?" e eu no meu pensamento preguntabame "pero este que esta a dicir, que agora debo estar de todo menos sexy" e volveme a comer o escote varias veces mais, ata que me sacou unha teta para fora e enton si que reaccionei, (xa vos dixera que e meu punto debil) enton fomos o asiento de atras, bicamonos apaixonadamente, espinme, espino (si, eu case morrendo era a dominante ¡Encantame!) biqueino por todas partes, acaricieino, acaricioume ummm aii ¡como me puxen! e cominlla que ganas tiña de facer iso de novo  baixoume o pantalon, enton quixo coller un preservativo, pero eu non podia, estaba co periodo. Non foi unha noite perfecta pero dame igual, tou desexando repetir.

O sabado estaba eu un pouco rallada, pensando en que pensaria de min. A eso das dez da noite, mandame un sms dicindome que o parasa ben e que fose boiña. ¡¡Que lindoo!! ¿estaria celosillo?  

Pola maña mandame outro sms cando chegu a casa e tamén foi asi como intentandome poñer celosa (creo), dicindome que enredara tomando algo coa camareira mais guapa do pub onde traballa, bueno e co seu xefe tamen, pero que non me celara, que me queria a min e no siguiente sms volveume a repetir que me queria. Eu non dixen nada o respecto pero.. non sei... Creo que me estou a enamorar pero eu non queria...A ver en que acaba esta historia...

Etiquetas: ,

Lunes, 25 de Febrero de 2008 13:17 Autor: circulovicioso. ;?> Hay 4 comentarios.




Temas

Archivos

Enlaces

 

 
Febrero 2008 | circulovicioso
Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]