¡Ocorreu nunha noite de verán!
Si, esto sucedeu nunha noite de verán, que título máis inxenioso. Concretamente unha noite do verán pasado.
Estaba eu nun sitio (que a vós non vos importa). Atopábame... digamos que un tanto embriagada polo espírito do deus Baco... si, si, ¡Atínachedes! ¡Chea de viño ata as trancas! O entorno era encantador: regatos, prados... todo verde e bonito. E mentras estaba a bailar soa e a rirme sen vir o caso achégaseme a min un rapaz (hihihi). El dime:
- ¿Queres vir conmigo a unha festa privada?
- Pero só se estamos os dous sós.
-Vale, ti escolles o sitio e eu o xogo.
Pois ben, vouvos contar algo curioso: cando estou alcoholizada dáseme por ir foder ós sitios máis incómodos, como total, non sinto ningún tipo de dor, pois... Ben, volvendo ó tema, a min tocoume escoller o sitio e, claro, escollín un prado. Cando chegamos a el tiroume o chan boca arriba (e eu veña a rir, como non me doía) e bueno... estivemos fodendo nesa posición ata que nos empeza a chover. Por certo que me estivo todo o tempo chamándome princesa, que bonito...
Entón propúxenlle ir para a miña habitación, pero estaba a xente durmindo. O único sitio no que non chovía nin había xente era no cuarto de baño. E ata alí o arrastrei. Estivemos nun sitio estreitísimo e facendo un ruido que non vexades (ou oiades) durante case unha hora. Non sei como ninguén se despertou.
Ó día seguinte estábamos cheos de negróns e rabuñaduras por todos lados. ¡E non había toxos nin pedras desta vez!
¡Ai! ¿Que será dese rapaz?