Blogia

circulovicioso

Gosto de, odio que

Gosto de, odio que

 

 

GOSTO  DE...

un bó perfume,

as verbas fermosas que proveñen doutra muller (case sempre son mais sinceras cas dun home...),

xogar cos animais,

mercar un vestido có que sentirme a mais sexy,

a choiva cando preciso chorar,

a brisa do mar cando teño calor,

que a brisa do mar conxele o meu rostro (para previrme das enrugas),

que me chamen tola,

que me fodan (e de que me fagan o amor, non rapazas, non é o mesmo),

cantar na ducha,

bañarme con velas, incienso e música relaxante... sozinha (coma dirían os nosos curmáns brasileiros),

coñecer cidades (e darme de conta de que a miña segue a ser a mais fermosa),

enfermar baixo os efeitos do enamoramento,

o marisco (aínda non probei o humano xD),

ollarme ao espello (sí, son algo narcisista),

ter os pezóns duros :D,

ver aos meus sorrir,

tomar chocolate para calmar o mal de amores,

maruxear aínda que só sexa unha vez ao ano :D,

axudar aos demais,

pisar a area da praia o primeiro día do verano (aínda que as cóxegas nos pés sexan inevitables en Riazor :D),

explotar as burbullas dun deses plásticos para embalar,

pillar o punto bebendo,

pillar o punto fumando (...),

pillar o punto fodendo,

encherme de emoción cun bó paisaxe ou cunha boa canción,

facerme rulos no pelo e enredalo por completo,

romperme as uñas,

escoitar a apasionante novela "vitae" dun dos nosos maiores,

voltar a Galiza logo dun longo espazo de tempo.

ODIO QUE...

me xulguen ou critiquen polo que son ou penso,

o chorro do pis se divida en oito cando teño un tampax posto (si, si, pola presión!!! xD),

faga frio cando saio da ducha,

choiva cando estiven mais dunha hora alisando o pelo ¬ ¬,

as cotillas de turno se metan na miña vida,

me digan o que teño que facer,

me saia un grano xusto o día que teño que estar guapa (non falla, serán os nervos),

me suspendan (aínda que o mereza),

o éxito non se perdoe nin se recoñeza neste país,

exista xente mala,

se me abra unha carreira nas medias, desas que nin con brillo de uñas se arranxan...,

a dor nas moas que me produce un xeado,

ás típicas víboras quenta-p... que pasan por díante túa e mais do teu mozo só para provocar (argggg qué noxo),

o ser humano estea a cargarse este planeta, que até o momento é o único paraíso que coñecemos,

me sirvan un café con leite fervendo nunha cafeteria cando o pedín "do tempo" (do tempo de onde, de Somalia???),

a tona do leite se resista ao colador,

a pasta sempre se pegue (por moita manteiga que lle engadas á pota),

o meu pai se negue a admitir que xa non son unha nena...,

o meu mozo non comprenda que as drogas "brandas" son boísimas moi de vez en cando :D,

as tapas dos tacóns sempre se gasten en diagonal, facéndome andar coma Fraga,

as mulleres teñamos que depilarnos (en vinte anos só teremos pestanas, tempo ao tempo... ¬ ¬),

haxa xente que maltrate a calquera ser vivo,

me odien.

Preguntas do Círculo V

Preguntas do Círculo V

Cando ves a unha persoa... ¿Que é o primeiro no que te fixas? Ou ¿a que parte do corpo lle das máis importancia?

Preguntas do Círculo IV

Preguntas do Círculo IV

¡Moi ben, mozas!

¿En que lugar te poñerías un piercing? ¿onde che parecen máis sexis?

Preguntas do Círculo III

Preguntas do Círculo III

Pregunta curiosa... ¿que olor che parece máis sexi/erótico/sensual? (a parte do olor corporal, claro?

Preguntas do Círculo II

Preguntas do Círculo II

¿Que opinades do sexo en grupo? (inclúe tríos, cuartetos, orxías e demais familia)

Preguntas do Círculo I

Preguntas do Círculo I

Moi ben, amigas do círculo...

Se tivésedes que disfrazarvos de algo (en plan erótico enténdese) de que sería?

Romper con todo

Romper con todo

Vouvos contar o meu último polvo. Era o reencontro dun vello amor e decidiu que tiña ganas de foder as sete da mañán, despertoume e claro, como resistirme!! Quedamos a unha hora e fomos a casa dun familiar del, que estaba baleira e da que posuia as chaves. O reencontro foi perfecto. Ademais eu levaba un superescote e iso xa o puxo a cen. O caso e que subimos o piso de arriba e escollemos a habitación. E unha casa vella e as camas, por suposto, tamén o son. Como xa nos coñecíamos fomos ó gran directamente. Espímonos e ... e nesto que de súpeto.... ROMPEU UNHA PATA DA CAMA!!! Eu quedei medio avergoñada, porque eu estaba enriba, e dime el: bueno é igual, era demasiado vella como para resistir sexo salvaxe. Entón seguimos ó que estábamos, aínda que algo máis incomodos, ¿Probachedes a foder de lado, refírome a case caendo da cama? Pois recoméndovolo.

!!PILLADA!!

!!PILLADA!!

Bueno, estamos de acordo no de que che poidan pillar da moito morbo, pero esto que vou contar lle quita as ganas a calquera.

Eran tempos de exames e meu mozo mais eu fomos estudiar a unha biblioteca, pero resultou imposible, e como non, rematamos nos baños.  Un par de golpes e un par de risiñas e de súpeto escoitei a un home dicir que non sei quen tiñan que marchar a unha cafetería, pero non lle fixen caso e meu mozo nin se quera o escoitara así que seguimos ó noso. Uns mitutos despois alguén pétanos na porta, non dixemos nada. Volvennos petar e tamén calamos, pero a terceira vez meu mozo dixo que estaba ocupado e o home que estaba tras a porta dixo q por favor abrira e saira. Miramos por debaixo da porta e vimos a un home con uniforme de policia local (Así que o home aquel quería que fósemos os baños dunha cafetería e como venganza por darlle envexa ¡¡¡chamounos a policia!!!). Meu mozo vestiuse (eu taba vestida porque non nos dera tempo a gozar de verdade) e saiu, o policía tomoulle todolos seus datos persoais e deullos, despois tocoume a min e como non, ¡tremía co medo! ¡¡Imaxinade que llo contan ós meus pais!! Eu era aínda bastante nova. Uff!! Menos mal que el se apiadou de min e rompeu tódolos seus apuntamentos!!!  Pero xúrovos que tardei tempo en pisar de novo aquel lugar e non digamos ir ó baño!!! ufff

Polvo máxico!!!

Polvo máxico!!!

A petición popular (bueno miss vicious sempre me dixo que lla contara) vouvos contar a historia do POLVO (si, con maiúsculas).

Era na excursión de fin de curso, fóramos a Salamanca. Eu era moi nova e case inocente pois só o fixera co meu ex. ¡Que tempos aqueles! 

Entón coñecín a un descoñecido (que frase máis poética). El era universitario, simpático e cuns ollazos verdes que... (insertar babas)... Eu nesa época non adoitaba liarme con descoñecidos, pero este acabou conquistándome e... bueno un pouco inocente sí que era, pero a tentación é a tentación, seguro que me entendedes...

Intentamos ir para o hotel no que me aloxaba, pero estaban durmindo unhas chavalas coas que me tocou compartir habitación, e bueno, unha cousa é ter público e outra que se acabe enterando todo o instituto.

Entonces, ó ir para fóra os dous quedámolo mirando ó fondo... ¡Si! As nosas caras ilumináronse ó ver o FOTOMATÓN.

Entramos dentro e alí de seguido comezou toda a maxia... ¡En serio que nunca me pasou algo igual! ¡Foi só tocarme un brazo e poñerme coma unha moto!

E despois acabou como acaban estas cousas hehe... O que non entendo aínda é como demos feito cun espazo tan reducido.

Só me arrepinto dunha cousa. Non teño ningunha foto de recordo.

E logo no Faro!!!

E logo no Faro!!!

Hola a tod@s vouvos relatar un polvo no faro (dacordo que é o picadoiro de onde son eu, entre outros, pero...). O caso e que sen vergoña ou con ela eu máis o tipo en cuestión, fomos con un par de EX-amigos para alí e claro como os catro no coche non iamos estar e eu non estaba preparada para unha orxía, pois os dous que non ían chingar saíron. O caso e que os dous que quedamos, empezamos jajaja, jijiji, jejeje e claro: o tema,  e non nos demos conta de que aínda que onde estaba o coche era un sitio oscuro, cando a luz do faro se daba a volta digamos que se via un movemento extraño nas rodas e os cristais moi empañados, e, nun momento TITANIC non se me ocorre outra cousa que pegar a man a ventanilla en plan resbala..., o caso e q cando voltabamos para certo sitio do cal non quero acordarme, a miña EX-amiga deciame: viansevos movementos de coche e escena titanic. Pero o caso e que eu paseino moi ben jejeje

Borracheira campal, polvo campal!!!

Borracheira campal, polvo campal!!!

Vouvos contar a miña primeira vez co meu ex. Resulta que me organizaran un superbotellón para celebrar o meu "cumple", e claro había que beber. Estábamos na casa dun amigo del, medio en construcción con dous pisos e con escaleiras de ladrillo (o idóneo para caer con borracheira, facédeme caso). Estábamos no piso de arriba e el doume o seu regalo e claro, eu queríalle dar un agradecemento e propúxome ir maghrear un pouco o piso de abaixo. Entón tirámonos alí nunhas redes e comezamos, e non sei se era o alcohol ou o ben que o facía que acabamos a ello. Pero imaxinádevos ós amigos enriba berrando por nós e nós abaixo nas redes berrando por ... Recordareino sempre porque entre o medo a que nos pillasen e a borracheira estivemos cerca de tres horas neso. COMO PARA SUPERALO, EH!!!

Polvo medieval

Polvo medieval

Ejem. Vouvos contar o sitio máis raro onde o fixen. Foi nun castelo!!! A cousa foi así:

Meu mozo máis eu fomos dar unha volta e vimos un precioso castelo e entramos, pero pronto as nosas mans puxéronse xoguetonas, a temperatura empezou a subir e inevitablemente puxémonos a buscar un lugar q se prestase a calmar noso livido. Pero nada, non nos valía nin a torre do vixiante, nin a mesa da cociña, nin sequera o cuartiño escuro (dábame medo)e así, de repente, no momento máis oportuno apareceu o letreiro dos sevizos! Faltóunos tempo para entrar no dos homes. Cando saímos, moito máis tranquilos e cun sorriso de orella a orella, parecéume ver a uns rapaces pasar, pero como é de supoñer non estaba eu como para preocuparme diso, ademais, ¡Coma se me importara que me pillasen! ¡xa non sería a primeira vez!

 A nosa sorpresa foi maiúscula cando nun dos pasillos do castelo atopámonos con dous rapaciños e un bérralle ó outro: "¡¡¡¡Mira son eses dous os que berraban no baño!!!!"

O morbo de que che pillen

O morbo de que che pillen

A todo o mundo lle excita que lle podan ver pero o que fixen anoite co meu mozo foi aínda máis atrevido que foder nunha rúa onde non pase ninguén, nun parque con poucas farolas ou facelo na praia... fixémolo diante da fiestra que dá ao patio e aberta, sen persiana nin cortina!!! Eu lle dixen que non quería pero a carne é débil, moi débil... ... ... e cando comezou xa non puiden parar de xemir e de suplicarlle que non parara hahaha. Por outro lado... sigo insegura polo tema de certas posturas, adelgacei e agora me movo mellor pero xa sabedes: el deportista, eu non. Cando estou moi quente réstolle importancia mais a maior parte do tempo penso en se quererá facelo de certo xeito ou senón... sei que debería raiarme un pouquiño menos e deixarme levar un pouquiño máis pero levaba tanto tempo sen facer algunhas cousas que é inevitable!!!

Non me digades que o fale con el porque é unha das miñas regras: non lle confeses NUNCA a un tío as túas inseguridades, medos, complexos e por suposto... infidelidades xDD.

Bicos húmidos para todas as zorras do circulo!!!

Bizarre love triangle

Bizarre love triangle

Non pensei que fose eu a que abrise este blog, pero en fin... Teño cousas que contar.

Pois aí vai sen máis dilacións: resulta que de vez en cando me enrollo cun tío, sen sentimentos profundos, nada serio en calquera caso. Hai bastante que non estou con el, polo que pensei que tal vez perdese o seu interese por min, cousa rara, pero neste mundo pode pasar de todo. De todos modos seguíamonos falando e levábamonos ben.

Ben, pois hai un par de semanas presentóuseme a oportunidade de estar cun rapaz guapíiiisimo e cun toque tímido como me gustan a min (aínda que eso só o principio, hehehe). E sí, efectivamente, non deixei pasar a oportunidade, que boba non son. Só tiña unha pega: que é amigo do rapaz do que falei antes, co que me lío de vez en cando. Eu pensei que non se iba molestar, porque non estamos saíndo nin nada polo estilo, pero o certo é que este sábado saudoume de mala gana e nin me falou. Ó principio pensei que eran paranoias miñas porque adoito esaxerar un pouquiño as cousas, todo hai que dicilo... Pero despois pasoume un detalle: estábamos as miñas amigas e máis eu bailando nun pub, ó lado da máquina expendedora de tabaco, el foi pillar un paquete e, todo serio, nin sequera me mirou. ¡¡¡E desta vez teño testemuñas!!!

¿Por que estará molesto? ¿Sentirá algo por min? E se é así, ¿por que non me fixo máis caso antes?

¡Necesito respostas!

Benvidos

 

Para contactar connosco envía un email a circulodasviciosas@yahoo.es